1960 o Club ingresa na Federación Galega de Fútbol

En 1960 O Club ingresa na Federación Galega de Fútbol co nome de  Calvo Sotelo comeza a súa etapa oficial

En 1960, co apoio económico da empresa Calvo Sotelo, asentada na vila dende 1948, o club inicia a súa etapa oficial ó federarse o 28 de setembro tomando o nome da empresa e iniciando a súa andadura na máxima categoría rexional, a Serie A, na que estivo nove temporadas con tres pasos pola terceira división e unha na segunda rexional.

Foi o seu primeiro presidente Ramón Tobar Ochoa de Alda, falecido na Coruña en xuño de 2009, cargo no que estivo as dúas primeiras temporadas. Substituíuno Fernando Alarcón Hernández, que permanece na presidencia doce temporadas seguidas.

A directiva presidida por Fernando Alarcón, en sesión celebrada o 21 de agosto de 1962, acordou nomear Socio de Honra a Ramón Tobar, a Luis Arias Martinez, presidente do consello de administración da Calvo Sotelo, así como a Pablo Mª Basáñez Bereincúa, director do complexo industrial das Pontes.  Fernando Alarcón faleceu en Madrid o 4 de xaneiro de 2008 á idade de 83 anos.

A vella vestimenta do Puentes  foi trocada pola de camisa branca e vermella a franxas verticais e calzón azul. No ano 1966 sufriu un novo cambio ó pasar a ser totalmente de cor azul.

 

O Campo do Poboado

Construcción Campo do Poboado

O Calvo Sotelo disputou os primeiros partidos no antigo Campo da Feira. Logo pasou a xogar no da academia da Calvo Sotelo (onde estivo o antigo economato da empresa) e finalmente no do Poboado, terreo de xogo que foi inaugurado o 18 de xullo de 1960 nun encontro entre o Calvo Sotelo e o desaparecido Arsenal de Ferrol, vencendo os ponteses por dous goles a un. Curiosamente o seu cerramento era de aramado e os gardas da empresa vixiaban ó arredor para que ninguén se acercara ó campo e puidera ver o partido. Non había gradas, soamente o terreo de xogo cun cerrume e asentos todo arredor. Tampouco había vestiarios, polo que os xogadores e o trío arbitral aseábanse e cambiábanse de roupa na antiga residencia de traballadores situada na hoxe rúa do Eo, a uns douscentos metros do campo.

O campo foi remodelado posteriormente no mesmo ano 1960 cun cerramento de formigón substituíndo o vello de arame e en 1964 coa construción da tribuna, con vestiarios e duchas, as pistas de atletismo e o novo marcador. Nese mesmo ano tamén se inauguraron a piscina e o novo local social da empresa.

En 1980 construíuse a tribuna de preferencia e en 1987 instalouse o alumeado artificial, sendo inaugurado o 11 de febreiro de 1987 nun partido amigable entre o Endesa As Pontes e o Deportivo da Coruña, vencendo os pontes por un gol a cero. Na actualidade, ademais do campo principal, conta con cinco terreos de herba natural, nos que xogan os distintos equipos de base da entidade e proximamente será construído un de herba artificial. Estas instalacións deportivas foron e seguen sendo consideradas como unhas das mellores de Galicia,

 

Evaristo Puentes Durán

Unha persoa que estivo moi vencellada ó campo do Poboado ata a súa xubilación foi o querido e apreciado Evaristo. Evaristo, un nedense nado na parroquia de Anca que tamén practicou o fútbol na súa xuventude en equipos como o Liñares, Sansa, Esteiro, Arsenal e finalmente no C.D. Puentes. Chegou a As Pontes en 1954 para traballar na Calvo Sotelo nas instalacións deportivas da empresa, primeiro no campo de fútbol e logo na piscina. Evaristo foi todo, masaxista, encargado de material, o coidador do campo e dos vestiarios e tiña unha faceta moi especial, a de compoñedor, xa que quen tiña algún problema físico acudía a el e de camiño curaba. O seu fillo, tamén chamado Evaristo, é o primeiro pontés que chegou a arbitrar na Primeira División ata o seu retiro hai uns anos, incluso participou en competicións europeas como árbitro asistente.

 

O mundial de Inglaterra de 1966

mundial66

Como dato para a historia hai que salientar que en 1966, con ocasión do Mundial de Inglaterra, a selección española, que por certo fixo un pobre papel neste campionato, estivo a piques de facer a súa preparación nas Pontes, dadas as boas instalacións do campo do Poboado. Pero, ó non haber un aloxamento adecuado para toda a delegación, a selección realizou a súa preparación en Santiago de Compostela. Esta era a nova que saía na páxina catro do xornal “La Voz de Galicia” o 4 de febreiro de 1966.

“DICEN EN MADRID

PUENTES DE GARCÍA RODRÍGUEZ, LUGAR IDEAL PARA CONCENTRAR LA SELECCIÓN ESPAÑOLA

 

“Recogemos de “Marca” la siguiente información que tiene gran importancia en cuanto a los planes de la Federación y el lugar de concentración de la selección española de fútbol:

“El seleccionador busca un lugar en Galicia para la preparación del equipo español que acudirá Londres. Se sabe que la Federación Gallega de Fútbol, en cumplimiento de instrucciones superiores, ha dirigido su atención hacia la tranquila villa de Puentes de García Rodríguez, cuya situación geográfica se tiene por idónea para el régimen a que habrán de ser sometidos los seleccionados por Villalonga.

Puentes de García Rodríguez se encuentra a 72 kilómetros de La Coruña, a 60 de Lugo, a 40 de El Ferrol del Caudillo y a 110 de Santiago de Compostela. Es una villa de 4.500 habitantes que, al parecer, brindaría excelente alojamiento en chalets de la Empresa Nacional Calvo Sotelo, provistos de calefacción y situados en el interior de un pinar.

Otro aspecto importante, por fundamental para las sesiones de entrenamiento, el Estadio cuyas dimensiones son de 65 por 100 metros, con terreno de hierba que está considerado como el mejor de Galicia. El campo está rodeado por pistas de ceniza –cinco calles-, con cuerda de 362 metros. A veinte metros del Estadio se encuentra una piscina provista de agua caliente, cuyas dimensiones son éstas: 33,33 por 12,50 metros, con seis calles.

Es interesante también conocer las características climatológicas del lugar que, a tenor de la media de los últimos diecinueve años, son las siguientes:

Temperatura: Mayo, 13 grados; junio, 16 grados. Humedad: Mayo 71 por 100; junio 68 por 100. Lluvia: Mayo, 60 litros por metro cuadrado en el mes; junio, 45 litros idem. Presión atmosférica: 728 milímetros mercurio. Evaporización: Mayo tres milímetros por metro cuadrado; junio, 4,50 mm. Idem. Velocidad del viento: Mayo y junio, 280 kilómetros en veinticuatro horas. Altura sobre el nivel del mar: 350 metros.

Y ahora, a esperar la decisión federativa sobre el lugar verdadero -¿será, en efecto, Puentes de García Rodríguez?- que puede ser el mejor para la preparación de la selección nacional.”

Os logros de trece anos

Moitos foron os xogadores que pasaron polo histórico “Calvo”, dende o primeiro plantel  que comezou adestrando Simón –aquel gran porteiro do Deportivo e Celta de Vigo- e na que estaban Nando, Jerónimo, Diego, Nené, Cela, Eliseo, Se, Anillo, Cao, Requeté, Manolo, Saavedra, Sito, Maltrana, Rafa, Orizales, Jenjo, Teruel, Anca, Salazar, Fernando, Tito e Cabarcos; ata a derradeira dos Bra, Leal, Vilaboy, Servando, irmáns Roca, Forxa, Pazos, Antonio, Calpita, Miguel, Isaac, Fresco, Silva, Pena, Barcia, Beceiro, Nacho e Tomé.

Os afeccionados lembran con nostalxia aquel primeiro ascenso á Terceira División na temporada 1963/64, con Moar como adestrador e un plantel formado por Man, Loira, Nené, Sé, Modesto, Barreira, Tella, Dictino, Requeté, Gondell, Rajoy, Nito, Iván, Roca, Cofaga, Domínguez e Teruel. Presidía a entidade un cargo da empresa, Fernando Alarcón Hernández.

Nos seus trece anos co nome Calvo Sotelo o club das Pontes logrou o título galego da Serie A (a actual preferente autonómica) na temporada 1963/64, noutra foi subcampión (1965/66), ascendendo nas dúas á Terceira División. Os mesmos títulos conseguiu no grupo norte de dita categoría. Foi campión de liga, sen perder un partido, da segunda rexional na temporada 1972/73, ascendendo á Serie A  ó gañar na promoción ó Viveiro.

Foi campión da Copa de Galicia de 1968, despois de gañar os dous partidos da final ó Rápido de Bouzas, 3-1 nas Pontes e 2-1 en Vigo. No partido de Bouzas, xogado o 7 de xullo de 1968, a aliñación presentada polo Calvo Sotelo foi a formada por Leal, Miguel, Ordax, Javi, Celso Roca, Pichi, Calpita, Linitos, Vivero, Molowny (autor dos dous goles) e Vidal. Na temporada 1960/61 foi eliminado en semifinais polo Foz polo resultado total de 5-3.

Acadou o subcampionato galego de afeccionados en dúas ocasións, a primeira na temporada 1961/62 diante do Pontevedra B (1-0 nas Pontes e 0-2 en Pontevedra) e a segunda á temporada seguinte diante do Choco de Redondela (2-1 no Poboado e 1-3 en Redondela, con prórroga).

O seu derradeiro partido coa denominación Calvo Sotelo xógao en Viveiro o 29 de xuño de 1973 na promoción de ascenso á Serie A Rexional, encontro que rematou con empate a un gol, resultado que sumado ó da ida no Poboado (2-1) deulle o ascenso á máxima categoría galega. A aliñación presentada polo Calvo Sotelo foi a formada por Bra, Forxa, Miguel, Servando, Pazos, Celso Roca (que tamén era o adestrador), Vilaboy, Fresco, Calpita, Pena (Isaac) e Silva, que foi o autor do gol.

© Antón Ferreiro

© Xosé Antón Ferreiro