AMIGABLE. CD NARÓN 1 – CD AS PONTES 2

AMIGABLE. CD NARÓN 1 – CD AS PONTES 2

Segunda vitoria da pretemporada do equipo pontés

Esta tarde noite do xoves xogouse un amigable entre o CD Narón, ascendido a campaña pasada á Primeira Autonómica, e o As Pontes, no Campo do Cadaval.

Rápidamente poñía distancia de por medio o equipo azul, tras un remate cruzado de cabeza de Quique a centro de Alex, que vai ó fondo das mallas (5´), ou unha falta moi axustada que tira Fidi e tras desviar o porteiro, acabase colando tras petar no pau (20´).

De aí ó descanso resaltar un bo remate de Pardo que desvía in extremis o gardameta, e un balón que se pasea pola área pontesa que non soubo aproveitar o cadro local.

No segundo tempo puido sentenciar varias veces o As Pontes. Resaltar dous tiros cruzados que marchan a rentes do pau, de Pardo e Unai, unha internada de Peque ó que se lle bota o porteiro enriba, un pase moi longo de Guille cando acudía a cabecear Toni, desmarcado i en boca de gol, e sobre todo a máis clara de Dani, que quedou só ante o porteiro pero disparou ó corpo.

Con todo as mellores ocasións do segundo tempo foron locais. Un disparo que salva Martín baixo paus, un tiro ó poste, e a pouco do final, Sera completamente só regatea a Paco e marca a porta baleira o 1-2 definitivo.

Polo momento o equipo azul gañou a Betanzos (0-3) e Narón (1-2), empatando co Val (1-1). Xogou o As Pontes con Paco, Criado (Peque 45´), Alex (Martín 45´), Rego, Sánchez (Guille 45´), Adrián (Bossa 45´), Ramos (Josiño 65´), Dani, Quique (Toni 45´), Fidi (Unai 65´) e Pardo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén