Asamblea de socios

O vindeiro mercores día 14 de febreiro celebrarase no Cine de O Lar de Endesa unha asamblea extraordinaria do CD As Pontes, co único punto do día da aprobación dos novos estatutos do clube, para a súa adaptación á LEY 3/2012 DO DEPORTE GALEGO.

A adaptación dos estatutos e obrigada pola xunta de Galicia, a cal obriga a todolos clubes de calquera disciplina deportiva a que os estatutos estén adaptados á ley anteriormente mencionada.

Os estatutos poderán ser consultados por calquera socio na nosa paxina web a partir do vindeiro venres día 09 de febreiro ou nas oficinas do clube a partir da mesma data.

A convocatoria da asamblea será as 19:00 horas en primeira convocatoria e ás 19:30 horas en segunda convocatoria.

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén