CD As Pontes 3 – Viveiro CF 2

Nos prolegómenos do encontro de este serán no campo de O Poboado, o CD As Pontes rendeu homenaxe a Malena Mieres, xogadora formada nas categorías inferiores do clube e, que no pasado mes de agosto se proclamou campiona de Europa coa selección española Sub19.

Malena realizou o saque de honra e recibiu unha camiseta conmemorativa e un ramo de flores de mans dos directivos do clube. Tamén estivo acompañada polo equipo feminino, no que militan algunhas xogadoras que compartiron vestiario con ela.

O encontro foi moi disputado por ambos equipos, adiantandose o Viveiro CF, por medio de Xaime, tras un tiro de fora da área que rexeita nun defensa e entra na portería de Paco (min.15). Non tardou o As Pontes en empatar o encontro por medio de Rubén Pardo, que segue en racha goleadora (min.19), tras unha internada por banda esquerda. En outra internada de Pardo, esta vez por banda dereita, asiste a Dani Fernández para que este anote o segundo gol (min.26). 5 minutos mais tardes Carlos fai o 3-1, que parecía sentenciar o encontro, pero nada mais lonxe da realidade, posto que no minuto 38 de encontro José Castro facía o 3-2 tras un contra perfecta.

Xa na segunda parte o Viveiro foi polo empate, pero non tiveron sorte de cara a portería de Paco. Hai que salientar nesta segunda parte duas grandes ocasións para os nosos a primeira de Alex Cabarcos, que tras recibir solo en 3/4 de campo e ante a salida á desesperada de Kiko tira e o balón da no pao. E a outra ocasión de Martín Traba que tras un saque lateral de falta remata en area pequena e o balón vaise por moi pouco.

A parte negativa do encontro foron as lesións de Ruben Pardo e de Alex Sanchez, que tiveron que ser sustituidos.

Xogaron:

As Pontes: Paco, Sergio, Alex C., Rego, Alex S. (Traba), Dani, Adrian, Bossa, Carlos, Fidi (Pablo Ramos), Rubén Pardo (Trillo).

Viveiro: Kiko, Agustín, Carnota (Louzao), Yoel, Dias (Uriol), Iván, Meitin, Jaime, Arturo (Paz), Vilariño, Vilarín (Rolle)

 

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén