CD As Pontes – UD Paiosaco

O vindeiro domingo ás 17:30 horas o primeiro equipo do CD As Pontes recibe no Poboado a visita do lider da Preferente Galicia Grupo I, a UD Paiosaco.

Este partido e transcendental para os dous conxuntos, xa que unha victoria do CD As Pontes poñería ós nosos a tan so dous puntos do lider a falta de 3 xornadas para a finalización da liga, e unha victoria dos visitantes darialles virtualmente o ascenso á Terceira División.

Por todo isto solicitamos a todolos ponteses o seu apoio o domingo para alentar ós nosos en procura da ansiada categoría que nunca deberiamos ter perdido.

#vamosazules

#aquininguenserinde

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén