Comunicado oficial CD As Pontes

Dende o Club Deportivo As Pontes queremos facer o anuncio oficial da continuidade de duas pezas fundamentais no organigrama do clube de cara a vindeira tempada.

Por unha banda, o director deportivo, Iván Rodríguez, continuará un ano mais no seu cargo, asistido na dirección deportiva da base por Daniel Lourés, e ampliará as suas funcións, facendose cargo da dirección deportiva do primeiro equipo.

Como consecuencia de dita renovación, a súa primeira medida no cargo foi a de renovar a Marco Roca como adestrador do primeiro equipo. Marco Roca ven de colocar o equipo azul ás portas do ascenso directo á terceira división, clasificandoo en terceira posición e gañando con claridade a eliminatoria de terceiros clasificados fronte o UD Atios.

Dende o clube queremos aproveitar este comunicado para desexar a mellor das sortes a Iván e a Marco na tempada que se aveciña.

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén