Entrevista a Dani Fernández

Comenzamos as entrevistas na nova páxina web do Club Deportivo As Pontes co capitán do primeiro equipo do Club, Dani Fernández.

Moi boas Dani,

Debe ser una honra para un xogador da casa chegar a ser o capitán do seu club de toda a vida

Pois si, un sempre quere chegar a xogar no primeiro equipo e logo dos anos que xa levo nel pois toca ser capitán, a verdade levase ben, os compañeiros fan que seña todo un pouco mais fácil.

¿Cantos anos levas xogando no clube?

Pois dende os 9 anos creo, xa van 16. Esta é a séptima no primeiro equipo

Despois do temporadon que fixestes a pasada tempada, ¿que expectativas tedes coa nova tempada?

A verdade é que no exterior poñennos metas moi altas. Nos temos os pes no chan e sabemos que o primeiro é permanecer nunha categoría moi igualada, a partir de ahí, oxalá podamos estar cerca dos postos do ano anterior

¿Como ves ás novas fichaxes que chegaron ó club?

Creo que se reforzaron postos que se necesitaban e dan un pouco mais de competitividade a plantilla. Seguramente todos vaian aportar cousas positivas ó longo do ano

¿En que posición no campo te sintes mais comodo?

Eu sempre fun medio centro, pero sempre preferin xogar en tareas mais ofensivas que defensivas, chegando moito a área rival

Persoalmente, ¿para ti como foi a pasada tempada?

Pois quizais foi unha das mellores tanto a nivel persoal como colectivo. Persoalmente, disfrutei de moitos minutos e na posición que mais me gusta e todo saiu de maravilla. Pouco mais se pode pedir

E tamén persoalmente, ¿que esperas da próxima tempada?

Pois traballaremos para que sexa igual ou mellor que a anterior.

Agora unhas preguntas un pouco mais persoais

Ademáis de xogar ço futbol, ¿que fas?

Pois agora mesmo estou estudando, trato de acabar a miña inxeñeria técnica de electrónica que estudo en Ferrol

¿Onde vives?

Vivo en As Pontes

¿Unha virtude?

Son moi amigo dos meus amigos

¿Un defecto?

Gustariame ser algo mais atrevido en certos aspectos

¿Canto tempo che duran unhas botas?

Pois non che sei decir, depende de onde e canto as use, jaja, pero se me duran un par de anos xa e un logro.

¿Marca de botas?

Pois teño tanto Adidas como Nike, pero quizá que me decante por Adidas.

¿Qué se che da ben, ademáis do fútbol?

Pois o que deportes se refire, gustame practicar bastantes, pero non é que destaque en ningún, jaja.

¿Un programa de televisión?

La que se avecina

¿Unha radio?

Europa FM

¿Un libro?

Los pilares de la tierra

¿Unha cor?

Amarelo

¿Unha cidade?

Nova York

¿Unha actriz?

Angelina Jolie

¿Unha comida?

Calquera pasta

¿Virtude nunha rapaza?

A sinceridade, a simpatía e que me faiga pasar momentos agradables cando está ó meu lado.

¿Unha pelicula?

Un ciudadano ejemplar

¿Musicalmente, que che gusta?

Todo o pop latino que sae na actualidades e o que mais me gusta

¿En que futbolista te fixas, ou che gusta mais?

Sempre me fixei nos xogadores do medio campo, un que gustou sempre en todolos aspectos foi Steven Gerrard

¿O mellor xogador de todolos tempos?

Agora mesmo e Messi o que marca maior diferenta, pero Iniesta e Zidane son dous que se agradece mirar o seu fútbol. Mais atrás xa me quedan un pouco lonxe.

¿Equipo favorito?

Real Madrid

¿Mellor partido que viches na tua vida, ou o que mais recordas?

Recordo a séptima champions do Madrid con tan so 9 anos, con moitos nervios e con aquela sensación de moito que perder.

¿Mellor recordo que tes dos teus anos de fútbol?

Sempre se recordan os obxetivos cumpridos o final de ano, seguramente o mellor sexa o ascenso a división de honra xuvenil naquel partido a vida ou morte co Racing de Ferrol.

¿Peor recordo que tes do fútbol?

Pois por desgracia fracturei a tibia nun partido que me tivo unha tempada sin poder xogar.

¿Unha xogada tua que recordes?

Non son moito de facer xogadas, pero seguramente aquel terceiro gol no partido de ascenso contra o Racing sexa unha que non se olvida, polo momento, polo ambiente…..

¿A mellor xogada que recordas ter visto?

Seguramente Maradona ocuparía esta desposta, pero eu quedome cas definicións do gran Ronaldo diante da portería

¿O teu fan número un?

Penso que miña nai, jajaja

¿Un soño?

Non creo nestas cousas, simplemente facer o mellor posible cada día para ser algo mellor o día de mañá.

¿Un coche?

O meu Seat León, jaja

Dentro de dez anos, ¿Qué crees que farás?

Pois supoño ou espero estar traballando e ganándome a vida. Se poido seguir disfrutando do fútbol cos meus 35 anos, mellor ainda.

¿Gustariache engadir algo mais?

Darvos a gracias por esta entrevista, e espero que fora do voso agrado. Aupa As Pontes

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén