ENTREVISTA A DAVID ROCHELA.

Despois da súa experiencia en Santander e Israel a tempada pasada xa hai tempo que tiñamos moitas gañas de falar co noso amigo David Rochela. Debido á voraxine de acontecementos deste verán no Deportivo da Coruña, preferimos agardar ata que as cousas se tranquilizaran e se aclarase a situación deportiva do clube. A día de hoxe, confirmado o seu fichaxe polo Buriram United de Tailandia poñémonos en contacto con David, que nos atende moi amablemente coma sempre, antes do comezo do As Pontes-Rápido de Bouzas. Tiñamos tantas preguntas pendentes que facerlle que quixemos dividir a entrevista en catro etapas cronolóxicas, Santander, Tel Aviv, retorno a Coruña e nova vida en Tailandia. Pedimoslle algo de paciencia e dez minutiños ós nosos lectores. Estas son as súas impresións.

rochela

Ola David, moitas gracias por concedernos estes minutos, prepárate (risas). A tempada 2012-13 comezachela en Cantabria, ¿que tal no Racing de Santander? Me imaxino que unha época moi convulsa pola situación deportiva do equipo ¿non?. Eres petición expresa de Unzué, pero este adestrador nin sequera chega a comezar a tempada, logo chega Fabri e o adestrador galego parece non contar moito coas fichaxes do ex porteiro navarro, o ambiente enrarecese, aínda así comezas xogando, pero pouco a pouco van entrando as súas fichaxes de última hora e contas menos, é por iso polo que supoño que decides marchar definitivamente no mercado de inverno, non obstante ¿que tal a túa experiencia de 12 partidos xogados no Racing?

Ola Xose, moitas gracias, adiante, ben, fago unha valoración moi boa, porque en Segunda División non xogara con tanta asiduidade, e houbo unha época moi boa na que estiven xogando todos os partidos e creo que gracias a iso tiven a oportunidade de poder xogar despois en Israel.

¿Que tal a cidade, a xente e o clube? ¿Notabas moita presión por ter que volver a subir a un equipo histórico a Primeira División?

A cidade, a xente e o grupo humano que había era moi bo, a exixencia era grande pero realmente os problemas que habían eran entre a directiva e os afeccionados, e todas esas cousas pois non axudaban demasiado, pero bueno, son problemas que tiñan e que siguen tendo agora mesmo.

¿Que tal cos teus compañeiros? Había xente destacada coma por exemplo Gai Assulin, Bouazza, Goicoechea, Bocanegra, Gullón, Yuste … ¿había algún compañeiro co que te levaras especialmente ben? ¿destacarías a algún pola sua calidade?

Cos compañeiros moi ben, quizais co que máis afinidade fixen foi con David Ferreiro, que é galego e xa coincidira con él aquí en Galicia, tamén con Yuste, Óscar Pérez, Dorca … realmente había moi bo grupo. E despois, á hora de traballar e aprender cousas, creo que Bocanegra, titular da selección estadounidense, ensinoume moitísimas cousas, porque era un home moi rodado e con moitísimas experiencias, e aprendín moito del.

Incluso tres deles, bueno, o dianteiro Juanmi so estivo preseleccionado, pero o porteiro Sotres e o extremo-dianteiro Jairo estiveron no Mundial sub20, no que España, a pesar de ser o máximo favorito xunto con Francia volveu ser víctima do seu Adn, da mala sorte e da carencia de “gasolina” nos momentos claves. Eu vin moitos partidos teus a tempada pasada e a verdade é que Jairo por exemplo me encantou, así foi que o fichou o Sevilla ¿Qué me podes dicir deles?

Pois Jairo, home de banda, moi rápido, desequilibrante, típico xogador que cando ten a opción de encarar vai a polo xogador, e normalmente faino ben e acaba desequilibrando, entón bueno, por algo o fichan no Sevilla, e Sotres a min pareceme moi bo porteiro, o problema é que o nivel na portería do Santander a min pareceme moi alto, e de feito este ano segue ahí, e está xogando Mario, que para él, polo tema de progresión e demáis é unha pena.

Do que puideches ver ata que marchaches no mercado de inverno, ¿cal foi o dianteiro ou equipo que máis che compricara a vida na Segunda División?

A verdade é que houbo días moi compricados, porque por exemplo o día do Villarreal, do Almería, do Barcelona B, hai partidos difíciles, hai moi bos xogadores en Segunda aínda que a xente diga que non é Primeira, pero hai moito nivel, e de feito, Charles Dias, por exemplo, que estaba xogando en Segunda e botou moitos anos nesa categoria, agora está xogando en Primeira e chega e é o máximo goleador do equipo, entón xa che digo, hai xente de moito nivel en Segunda. E dos filiais, Deulofeu, Morata ou Jesé, como teñan un bo día desequilibran moito.

¿Que sentiches cando descendeu o Racing de Santander cando ti xa non estabas?

Pois sentino moito porque deixas moitos bos amigos ahí dentro, e por unha parte ou por outra tamén te sintes un pouquiño partícipe dese descenso. Eu estaba en Israel e estaba desexando que gañaran os partidos, pero ó final non se conseguiron salvar. A ver si este ano hai sorte e poden volver a subir a Segunda División.

Por certo, ¿este ano cambiaron moito a plantilla non?

Si, si, cambiarona casi toda, quedan creo que cinco ou seis, queda Mario, Sotres, Francis, Andreu, Koné, e creo que pouco máis.

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

E logo marchas a Israel, a Liga Israelí conta con 14 equipos, que tras unha “primeira” Liga divídense en dous grupos, os que loitan polo título, seis, e os que loitan por non descender, oito. O teu equipo finalizou terceiro, anque a moitos puntos do líder e campión, ahí si que che teño que dicir que dentro da miña profunda ignorancia ós teus compañeiros israelíes non os coñecía moito (risas), agás algún, pero si por exemplo a John Paintsil que eu xa o recordo perfectamente de velo en directo cando fora subcampión no Mundial sub20 Arxentina 2001, aquela final perdida co equipo local, 3-0 (Colotto, Saviola e Maxi Rodríguez se a memoria non me falla), e incluso chegou a xogar dous Mundiais absolutos (2006 e 2010) coa selección de Ghana, ou Eric Djemba Djemba, que tamén estivo con Camerún no Mundial de 2002, ou o portugués lateral dereito Tiago Costa. ¿Que tal cos teus compañeiros?

Primeiro, como dis, na Liga Israelí hai menos equipos que aquí, e o que se fai é xogar ida e volta, unha Liga normal, e a partir de esa clasificación, faise o play off polo ascenso, que sería a loita polo campionato, e o play off polo descenso, pero manteñense os puntos da liga regular. E segundo, nese sentido tiven moita sorte porque o día anterior a chegar eu tamén o fixo Tiago Costa, o portugués, entón dende o primeiro momento fixemos moi boas migas, estabamos no hotel xuntos, polo idioma ó final sempre te acabas xuntando con xente coa que realmente te entendes ben, e ó final mira como foi que acabamos vivindo xuntos eses meses, entón a adaptación foi moi boa, foi unha experiencia fantástica, nunca saíra tan lonxe, é o primeiro paso que das, son catro meses, que a fin de contas, si estás mal, non é moito tempo, pero xa che digo, foi moi boa experiencia, a xente tratoume xenial, había moi bo grupo e aprendes moitas cousas, tanto futbolísticas como persoalmente.

Chegas a un equipo xa iniciado e rodado, ¿costouche moito adaptarte ó equipo e á Liga israelí?, anque xogar xa vin que xogaches todos os encontros nos que estabas dispoñible.

Adaptarme non me costou moito, quizais á forma de xogar, gustalles moito xogar o balón á espalda, con xente rápida, e en definitiva controlar moi pouco os partidos, non é como a Liga Española, e nese sentido hai que adaptarse, anque non me costou demasiado, e tiven a sorte de poder xogar todo, de feito houbo un momento en que o adestrador co que eu fun destituirono e xusto a semana que entrou o adestrador novo notei un pinchaciño no abductor e pensei “bueno, non vaia a ser agora que deixe de xogar…”, pero en canto estiven recuperado, parei dous partidos pola lesión, pero o resto volvino a xogar todo, asi que moi contento.

O mellor equipo de Israel, según a clasificación, foi o Maccabi de Tel Aviv, de Oscar García, que conta ademáis co xogador galego, Gonzalo García “Recoba”. Pero, ¿o equipo que mellor fútbol lle viches? ¿Algún xogador moi destacable na Liga? ¿Alguén que che complicara moito a vida? Vin que houbo un dianteiro, Abuhatzira, que vos fixo catro goles en un partido, moi contentos con él non debichedes de quedar ¿non? (risas).

Había equipos que xogaban moi ben eh, realmente dos de arriba, o Maccabi era superior, economicamente están por encima de calquer equipo, tiñan moi bos xogadores e encima fixeron un corpo técnico que asentou un pouquiño as bases que hai aquí en Espala alí, entón os equipos gañan moito con iso, pero bueno, o Maccabi Haifa o estilo de xogo que tiña era moi bo, tocar todo o rato, e despois o Kiryat Shmona igual, hai moitos equipos que son de filosofía de tocar. E xogadores, hai varios, sobre todo no Macabbi que é onde máis nome teñen, Alberman, medio centro, despois a min Gonzalo “Recoba” gustabame moito, e iso que non acababa de xogar demasiado no tempo que estiven eu alí, pero xa che digo, o último partido que xogou contra nós, paseouse, fixo o que quixo e xogou moi ben. E en canto ó xogador que nos meteu catro goles hai días que non saen as cousas ben e si algún está acertado (risas).

(Risas) E o teu equipo, defíneme un pouco o seu estilo e o que vos transmitía o adestrador.

Era un pouquiño o estilo da Liga israelí, tiñamos xente moi rápida sobre todo arriba, por bandas, entón realmente era coller o balón e correr, e despois cada un que se organizara un pouco como puidera, en ese sentido creo que a Liga Española e a forma de traballar en España está mellor porque creo que evitas moitos problemas á hora de tapar contras ó final dos encontros. Os partidos rompíanse moito, alí como é correr e correr e intentar buscar o ataque rápido sempre, pois nese sentido creo que se podía mellorar un pouquiño máis.

¿Que tal era a afección do teu equipo, e en xeral, a afección hebrea?

Moi ben, vivían moitísimo o que era o fútbol, tanto o fútbol como o baloncesto, porque no Hapoel tamén había derbis, e moi ben, a xente berrando moito, pero eran moito de palabra, despois non había problema de ningún tipo, e eu os derbis que vivín alí foron algo que me levarei sempre.

¿E cantos espectadores solían ir?

Nos derbis ata arriba, ata a bandeira, normalmente había boa entrada porque nos estábamos xogando cousas, estábamos pelexando por xogar en Europa, que era o obxectivo cando cheguei eu alí, foi un ano complicado, pois houbo tres adestradores, o primeiro creo que tivo un tumor na cabeza, pero xa está ben, incluso viña por alí, pero bueno, queiras ou non todo iso desestabiliza, entón o obxectivo real era meterse en Europa, conseguímolo, polo tanto a xente estaba moi enganchada. Veías o campo cheo en case todos os partidos.

Por certo, unha curiosidade, xa que o comentas, ¿a xente prestalle máis atención ó Maccabi de Tel Aviv campión de Liga de fútbol ou ó de baloncesto, que foi 5 veces Campión de Europa e sempre está na cresta da ola?, e en xeral, ¿máis fútbol ou máis baloncesto?

(Risas) Pois eu fun a ver moitos partidos de baloncesto porque sempre me gustou moito ese deporte e de feito puiden ver un partido de play off, Macabi-Hapoel, aparte fun cos ultras e todo (risas), e moi ben, de feito, hai unha anécdota, fun a catro partidos e gañaron os catro e ó seguinte que non fun perderon, e dixeronme “a ver si vas a ser ti o talismán” (risas), paseino moi ben, e fixen amigos, a min o baloncesto sempre me gustou moito e aproveitei. Alí viven moito o baloncesto.

(Risas) David, xa solo para seguirte, xa ves que colgaba as túas aliñacións na web do equipo feminino, pero sacadas dunha web en inglés, porque na web do teu equipo non entendía nada (risas), como non tiña versión en inglés, e eu aínda bueno, pero a ti que non che quedaba máis remedio que saír adiante como podías, poñendome na tua situación, ¿como foron os tus primeiros días alí e como te defendías?

En inglés, o problema é que tema de xornais, páxinas webs e demáis non podes facer nada, de feito foi gracioso porque o día despois de xogar ó mellor collías o xornal para ver si había algunha foto e a veces poñían calificacións, e eu para saber cal era o meu nome tiña que sacar a tarxeta de crédito e comparar para ver cal era eu (risas), pero si que é compricado porque é un idioma moi difícil.

(Risas) Dentro do que se poida saber, ¿como foron estes meses da túa vida en Israel?, casa, comida, vida cotiá, tempo libre …

Moi ben, ensinaronnos unha casa, fomos Tiago e máis eu a vivir alí, e puxeronos coche tamén, intentando facilitarnos un pouquiño as cousas, e despois había un tempo moi agradable con calor e sol, as praias ó lado, sitios onde comer moi ben, entón xa che digo, a vida foi moi boa.

Unha pregunta quizáis ignorante, dende a distancia, cando saías á rúa aló en Israel, ¿falo como en calquer lugar do mundo, ou sempre se está con algo de tensión e preocupación? ¿Advertíanvos de algunha maneira?

Para nada, de feito teño amigos alí, e aínda hai pouco escribiume un porque caeron un par de bombas alí en Israel, e pregunteille si estaba ben e dixome que se estaba bañando na piscina, ou sexa, para que te fagas un pouco á idea do que eles viven, saben que hai unha situación que non é agradable para ninguén, pero viven moi tranquilos, de feito teñen o servizo militar obrigatorio, pero nese sentido transmiten moita tranquilidade e calma, e ti saes á rúa e non notas nada.

¿Satisfeito da túa tempada 2012-13 en xeral?

Si, e con sensacións moi boas, porque penso que me abriu moitísimas portas e persoalmente aprendín de diferentes culturas e situacións da miña vida. Ó final o que consigues son experiencias e mellorar como persoa, e polo tanto creo que conclusión é moi boa.

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

E agora imos co Deportivo, acabado o teu periplo por terras santanderinas e israelíes regresas a A Coruña ¿Como viviches o descenso do equipo?, creo que estabas no campo aquel día, unha traxedia supoño. Eu digoche que, na vida hai cousas peores, pero a min que quería que se salvaran os dous equipos galegos e ademáis esa semana estabanme azuzando tanto dun lado como do outro pareceume insufrible así que non me quero nin imaxinar como estarías ti.

Si, realmente penso que se sentiu bastante máis o anterior, eu este ano, evidentemente non quería que descendera, e fastidioume moito, pero creo que me doeu máis hai dous anos contra o Valencia, porque penso que toda a xente contaba que o Depor se ía a manter sen ningún problema. E este ano tamén foi moi duro, puiden vir ó partido, e realmente a sensación que se respiraba era de que o tivemos ahí, sobre todo despois de remar tanto, estabas prácticamente afundido, colles vida, e ó final, o que se soe dicir, nadar para morrer na orilla, entón foi unha pena.

David, pregunta difícil, as voltas que da a vida, hai uns anos o Deportivo ponche unha claúsula de rescisión de 30 millóns de euros e agora cinco anos despois xa non formas parte do equipo. Por outra parte no seu momento rumoreouse que andaban detrás túa FC Barcelona, Valencia, Sevilla, Arsenal, Manchester City, Borussia Moenchengladbach … e outros equipos máis. Falo a nivel xeral ¿Non che da pena ver como avanza o mundo, o materialismo, a carencia de valores, o pouco que se valora a lealtade e o compromiso? E por outra parte, ¿non te arrepintes, visto o visto, de non haber dado o salto a algún destes equipos no seu momento? E que conste que sabes que eu como persoa douche un once e ogallá todas as persoas foran coma ti e o teu irmán.

Moitas gracias Xose, ti que me ves con bos ollos, a ver, cando tomas unha decisión nese momento é porque crees que é a mellor, anque despois nunca sabes con seguridade si realmente vai a ser así ou non. Eu penso que dentro duns anos ninguén se acordará de que pasei polo Deportivo e non pasa nada, eu cando tomo unha decisión non a tomo á lixeira, tomoa consensuada, sobre todo coa miña familia, e cando decides algo é porque pensas e estás convencido de que é a mellor solución, logo o tempo diche si estabas no certo ou non, pero bueno, foron uns anos moi bonitos no Deportivo, e agora a vivir experiencias, porque o que está claro é que o fútbol non se acaba aquí.

Estiveches varios anos no Deportivo con pouco protagonismo, e de repente marchas a Santander, e a metade de temporada vas a Israel nin máis nin menos, que non queda precisamente ó lado de casa, sen ánimo de comprometerte, ¿non che da a impresión de que o Deportivo te debería haber cedido moito antes?

Houbo algún ano que si, que de feito falaramolo, pero bueno, dixeraseme que non, que ía a quedar de cuarto central, e que non me preocupara, e ó final por unhas cousas ou por outras acababa sendo o quinto central, sen xogar prácticamente nada, e nese sentido pois home moi contento non estiven, houbo un par de anos que tiven ese problema e nese sentido non puiden evolucionar todo o que me gustaria.

Dos sete centrais do equipo, en Agosto marchades ti, Ze Castro e Aythami, e agora quedan Marchena, Kaká, e os rapaces Insua e Uxío. ¿Como ves a parcela defensiva do equipo herculino para esta temporada? Eu a Insua vexoo moi ben por certo.

Insua está demostrando que vai a ser un central enorme, eu creo que está a un nivel moi alto, xa o viña demostrando fai tempo, eu tiven a sorte de xogar con él no filial cando el era xuvenil, e xa se lle veían cousas, e despois Kaká o ano pasado xa se gañou a confianza do mister, Marchena non vamos a dicir nada del porque é un home totalmente contrastado, Campión de Europa e do Mundo coa selección española, así que nese sentido non hai nada que dicir, e Uxío é unha aposta máis da canteira, e ogallá que dentro duns anos acaben xogando Uxío, Insua e a xente do filial toda, eu estaría encantado.

¿Como ves o futuro do Deportivo nunha situación tan convulsa como esta, xa non so digo para esta tempada 2013-14 senon para os anos posteriores?

O que hai que intentar é ascender, está claro que un equipo como o Depor no momento en que baixa ten que ter a mentalidade de intentar subir, non sei o nivel de dificultade que ten anque penso que é bastante grande, pero bueno, agora mesmo aínda non acabaron de arrancar sobre todo na casa que era onde realmente se facía o fortín e onde o Depor históricamente sempre sacou máis puntos, pero creo que esas dinámicas tamén se poden cambiar.

¿Que impresión che da deixar o clube tras estar 11 anos alí?

Bueno, creo que sobre todo, agradecementos, a todo o mundo, porque dende que fun para alí moi rapaciño, todo o mundo me tratou xenial, sempre se portaron increíblemente ben conmigo, axudaronme en todo, xa che digo, gracias a eles son futbolísticamente e como persoa como son agora, entón non podo dicir nada malo deles e encantado.

Si te tiveras que quedar con algún ¿cal foi o teu mellor momento no Deportivo?

Pois persoalmente quizáis o debut co primeiro equipo en Copa en Sevilla ou o debut en Liga en Valencia, pero realmente as cousas que máis valoras son os pequenos detalles, ó mellor a primeira convocatoria para un adestramento co primeiro equipo, que pensaba “¿Qué fago eu aquí?, e tamén recordo cando estaba nos infantís e eu veía xogar ó Fabril e veíao moi lonxe, inviable, pero cando vas conseguindo esas pequenas cousiñas, día a día, son as que realmente quedan ahí.

Imos con preguntas máis alegres, ¿que tal ves a Cañizares que estivo facendo a pretemporada contigo no primeiro equipo do Deportivo? ¿Coidachelo moito? Que ademáis de ser os dous de As Pontes, incluso chegachedes a xogar xuntos en alevíns, no ano 2002 en que gañachedes a Liga cedendo tan so un empate, e a Copa gañando 7-0 na final precisamente ó Narón de Juan Domínguez (risas), ¿que tal o ves para esta temporada que anda a cabalo entre o Fabril e o primeiro equipo?, e por certo, outro pontés que acaba de debutar, Enrique, con apenas 16 anos, ¿que tal o ves a él tamén?

Ben, Cañizares, eu cando chegou dixenlle que disfrutara, que tentara aproveitar ó máximo esta oportunidade, que bueno, nunca sabes si se vai volver a repetir, tivo a sorte de facer toda a pretempada co primeiro equipo, aínda por riba disputou cinco partidos amigables, e eu intentei facilitarlle as cousas nas que eu podía facer algo por él, e bueno, está demostrando que quere xogar, que quere ser futbolista, entón en ese sentido alegrome moito, de ver a xente como Fornos, que está queimando etapas moi rápido, xa está xogando no Fabril, e tivo a sorte de debutar o outro día en Córdoba, que creo que é o sono de calquera, ver que a xente que ven por debaixo, que a xente da canteira, pois se conta con eles e se están a facer un oco ahí.

E nese aspecto, ¿non che da un pouco de envexa sana que na túa época estaban Colotto, Lopo, Ze Castro e outros máis, e agora, ninguén lles regala nada ós que veñen por debaixo, pero mirase máis a canteira e teñen máis oportunidades, mentres que noutras épocas era moi difícil competir con toda esa xente tan contrastada?

Iso vai por épocas, pero tamén podes falar con Pita ou Dani Cancela e diranche que nos seus tempos estaban en Champions e era imposible poder xogar un minuto, entón nese sentido, pois hai etapas, hai momentos en que económicamente un equipo está peor ou mellor, tamén hai unha xeneración, que hai moitos centrais e moi bos, porque eu xa che digo mentres estiven no Depor houbo unha cantidade de centrais de un nivel altísimo, entón, son momentos, situacións, e os que veñen por detrás si teñen a sorte de contar con máis minutos e poder disfrutar de máis oportunidades pois eu encantado.

E falando de ponteses, despois de tres anos no Wigan, ¿que che parece a fichaxe de Adrián López polo Montreal Impact da Liga Estadounidense? Non se foi a un sitio doado precisamente pois comparte defensa cun dos mellores centrais dos últimos tempos, Alessandro Nesta, nun equipo no que tamén está Di Vaio por exemplo, ¿que tal ves a traxectoria de Adrián nestes anos despois da súa marcha do Deportivo?

Pois moi boa traxectoria, penso que aprendeu moitísmas cousas, xogar na Premier, non é doado, senón é a mellor, é unha das mellores ligas do mundo, está facendo a súa carreira futbolística, seguro que á hora de vivir experiencias e aprender cousas como o que máis, está aprendendo un idioma, o inglés, agora ten a sorte de ir a Canadá, alí creo que tamén se fala francés, polo tanto tamen pode aprender ese idioma e outra cultura tamén, entón nese sentido, eu cambiabame por él sen ningún problema.

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

E agora damos un último xiro hacia Asia, despois de facerse oficial hai uns 20 días a túa fichaxe polo equipo tailandés, Buriram United, ¿que tal os teus primeiros días en Tailandia?, do pouco que puideches ver, ¿como é a vida por alí?. Que por certo, para enterarnos de algo do equipo na súa web, o mesmo que cando estabas en Israel, nin papa (risas), hai que buscar información noutras webs en inglés.

Ben, de primeiras estivemos en Bangkok, é unha cidade enorme, hai un pouco de caos á hora de tráfico, motos e demáis, pero ben, a xente super amable, sempre tratando de axudar no que poidan, sempre sorrindo, son de esa xente que ves día a día e alegranche un pouquiño a vida, porque parece que hai veces que vas por España e ves á xente que está como enfadada ou estresada, que ó final ó mellor non é certo, pero alí todo o mundo sorrindo, dando as gracias, e nese sentido moi ben, sobre todo a xente do clube facilitándonos todo, o que necesitamos, pedímolo, e sen problema, moi ben, en inglés, porque o tailandés é bastante complicado tamén.

¿Xa estas seguindo clases de tailandés ou conformaste co inglés? (risas)

Creo que con perfeccionar o inglés xa chega porque realmente o tailandés, tería que empezar de cero, porque nin ler, as letras son … de aquela maneira, non hai opción …

(Risas) Tedes un bo equipo, a día de hoxe hai sete xogadores españois, entre eles vas a xogar co centrocampista Carmelo, Campión de Europa sub19 2002 con Iniesta e Torres, que xogou en Las Palmas, Levante e Sporting, e o dianteiro Jesús Berrocal, ex xogador da canteira de Espanyol e Real Madrid, e Campión de Europa sub19 2007, por certo, o torneo de máis mérito conquistado por España á que lle faltaban os seus dez mellores xogadores que estaban no Mundial Sub20 en Canadá, e hai outros cinco xogadores españois máis, ¿non sei si xa tiveches tempo de coñecelos e estar con eles?

Si,si, porque o tempo que estiven alí houbo un partido de Copa, e levaronnos alí ata o campo, e durante o partido estiven falando cos que estaban fora e preguntandolles un pouquiño como era a vida por alí, que tal era todo, ó final en inglés acabaste entendendo con todo o mundo, co resto do equipo, pero bueno, coa xente que estaba sen convocar, algún español, pois pregunteille pola familia e tal, e tamén hai o costume de que despois de todos os partidos a afección e os xogadores coman xuntos, uns cantos, o que pasa é que alí hai moitísimo respeto, de feito, ese partido xogaba o primeiro clasificado da primeira liga, que eramos nós, o Buriram United, contra o penúltimo da segunda liga … e perdemos 0-1, iso pasa en España e non podes saír á calle (risas), e xa che digo, alí respetando moito e dando as gracias polo esforzo e tal, e nesa comida estiven falando con todos os españois e moi ben, transmitíronme moi boas sensacións. De momento hai sete xogadores españois, máis o adestrador e un preparador físico.

(Risas) ¿Que tal o presidente, a directiva, e o adestrador, Alejandro Menéndez, ex de Celta de Vigo, Real Madrid Castilla e Santander? ¿Xa tiveches tempo de falar con eles e intercambiar impresións?

Non, non, case nada, realmente cos que falei foi co presidente e coa súa muller que son un pouquiño os que moven todo, o presidente alá é unha institución, e a muller, bueno, alí hai unha grada que se chama “grada de animación”, que non sei si son 200 ou 300 persoas, que as levan a todos os partidos e contratan buses, do equipo, tintados cos escudos e todo, e creo que ata están subvencionados, e bueno, manexan entre os dous todo o clube.

¿Que aspiracións tes ti e o teu equipo para a vindeira tempada que comeza en Marzo? Repetir me imaxino o título de Liga que están a piques de gañar os teus compañeiros, con 5 puntos de ventaxa a falta de seis xornadas, e poder xogar outra vez a Copa de Asia na que hai pouco quedachedes eliminados por un equipo iraní, o Esteghlal, pero en cuartos de final, clasificando para semifinais os iranís, o Kashiwa Reysol xaponés, e os dous equipos que van xogar a final, o Seúl de Corea do Sur, país de grandes recordos para ti (risas) e o Guangzhou Evergrande chinés de Marcello Lippi, moi admirado por Manolo García. O ano que ven a intentalo outra vez supoño ¿non?

Realmente alí, aspirar a gañar a Liga, é o obxectivo real, despois hai duas copas bastante importantes, a Copa Toyota e outra copa máis, que tamén sendo do país tes que aspirar a gañala sempre, e despois, en Champions, a disfrutar e a chegar o máis lonxe posible, este ano, caeron en cuartos de final como dis, contra un equipo de Irán, que a traxectoria estivo moi ben, e de feito, perderon fora e na volta na casa estivo bastante reñido pero ó final non puido ser , e xa che digo, é unha competición moi bonita, e a chegar ata onde se poda.

Por certo, agora que me acordo, ¿ó teu equipo de Israel, o Hapoel, como lle foi na previa da Europa League?

O Hapoel caeu na Previa, gañou a un equipo búlgaro pero logo perdeu cun rumano e quedaron eliminados.

¿Que te motivou a decantarte a fichar polo campión de Tailandia ou manexabas outras ofertas?

Tiña algunhas, pero bueno, valorando un pouquiño todo creímos que esta era a mellor, nunhas condicións moi boas, outra liga, outro mercado, outras vivencias, sobre todo iso, experiencias, cambias de aires, vives unha aventura, e se as cousas non saen como queres, ou saen mal, sempre hai tempo a volver para aquí.

A botepronto, ¿queres estar moitos anos alá? ¿agardas ter outras ofertas para a vindeira temporada? ou ¿xa se verá?

Nunca sabes, xa che digo, depende de cómo vaia todo, de se estás xogando, se non, se vai ben, se non vai ben, se te lesionas … nunca sabes, pero bueno, agora mesmo disfrutar esta tempada e si teño que saír salgo e se podo seguir sigo, hai que adaptarse ó que hai.

O teu equipo é de Tailandia, ¿pero concretamente de onde?

Está a cinco horas de Bangkok, está un pouquiño lonxe da capital (risas)

(Risas) ¿E como é a localidade de Buriram?, que significa cidade da alegría en tailandés.

Non é excesivamente grande, é un pobo, pero bueno, ten todas as comodidades, e ten de todo, tema de instalacións, campo de fútbol, cidade deportiva, son moi moi boas, son todas instalacións novas, estiven por alí e xa so para entrar na cidade deportiva hai detector por huellas, para poder durmir alí, así que xa che digo, á hora de medios, instalacións e demáis, son de primeiro nivel.

Din que ó voso estadio acuden 25.000 espectadores, ¿xa tiveches tempo de velo non? ¿impresiona? ¿cómo é a hinchada?

Estiven por alí, o estadio está moi ben, é estilo inglés botado enriba do campo, as esquinas están abertas, e polo que me contaron sempre van dezaseis, dezasete mil, a todos os encontros, e despois nos partidos máis importantes si que se enche, entón non che da esa sensación de baleiro como pode pasar en algún campo por aquí en España, e todo o rato está a afección animando, así que nese sentido, é como un día de festa.

¿Como vas a facer para prepararte e manterte físicamente de aquí a Marzo ou tes pensado marchar antes?

En principio de momento estou adestrando aquí co As Pontes, co meu irmán, cos meus amigos todos, e entón mantes un pouco a rutina de entrar nun grupo, adestras con eles, que non é o mesmo que ir a correr so, pero bueno, supoño que o último mes xa me poñerei un pouquiño máis a tono, a fondo, para chegar a punto.

¿Cando tes pensado volver para Tailandia?

Aínda non o sei moi ben, creo que a pretemporada empeza a finais de decembro pero non o sei moi ben aínda, porque tamén organizan eles un pouquiño o tema.

Que por certo, aquí deben de alucinar un pouco os xogadores do As Pontes compartindo adestramento contigo, ¿non?

Bueno, tampouco é que eu seña … intento facer as cousas fáciles, axudar no que poda, e molestar o menos posible, xa lle dixen o adestrador, a Manolo, o primeiro día, “si che fai falta un extremo zurdo posme alí que non hai ningún problema”, o caso é manterse físicamente, tocar o balón, aprender podo aprender moitas cousas porque hai xogadores de moito nivel, e si algun pois colle algunha cousiña que lle poida ser útil da miña parte pois por min encantado.

Vindo de ti coa experiencia que tes … Manolo debe estar encantado (risas) … Roche, ¿como é unha viaxe As Pontes-Buriram?, porque me imaxino que no bus urbano non irás (risas), ¿contame cales son todas as combinacións e cantas horas se tarda máis ou menos?

Hai sorte porque hai Madrid-Bangkok directo, enton realmente si tes opción é o máis cómodo, a última vez que fun tiven que ir por Zurich entón fun As Pontes-A Coruña, A Coruña-Madrid, Madrid-Zurich, Zurich-Bangkok, e despois de alí ir a Buriram é un pouco paliza, son cinco horas de coche. De feito o primeiro fin de semana que fun para alí entre a viaxe e todo, perdín o domingo enteiro e non sei si foi o martes cando lle preguntei a meu irmán como quedaran porque botara varios días desaparecido.

(Risas) ¿Que é o que máis crees que vas a botar de menos do Deportivo, de A coruña e de As Pontes, cando esteas en Tailandia, aparte da familia e as tortillas e lasañas de Mari Carmen Calvo? (risas)

(Risas). Aparte da familia, amigos e demáis, quizáis a comodidade, de estar aquí, de ter esa rutina que fas case sempre, de que tamén coñeces todo, pero bueno, creo que vai a ser unha experiencia moi boa da que vou sair gañando.

¿Xa firmaches moitos autógrafos por alí e xa tes clube de fans feminino? (risas)

(Moitas risas) Non, nada, fun por alí, e prácticamente aínda non se fixera nada oficial cando estiven aló, porque bueno, aínda seguían xogando cousas importantes, e non se comentou nada, enton pasei como un visitante máis

¿E en Israel firmabas moitos autógrafos?

En Israel si, pero non eu, o equipo enteiro, de feito había días que eran de portas abertas, os nenos cando cumpren non sei si 13 ou 14 anos, teñen como unha celebración especial, e viñan para dar uns toques con nós, para que lles fixeramos un vídeo, para que lles firmaramos cousas … prácticamente todas as semanas tiñamos alí xente metida no campo.

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

rochela

Esta tiña moitas gañas de facercha David, a temporada pasada, 2012-13, ti que soías acudir a moitos partidos, foi unha pena que estiveras en Santander e Tel Aviv e non puideras seguir de cerca a traxectoria do As Pontes e do teu irmán, que incluso so na casa gañaron 13 partidos nin máis nin menos e acabaron como o mellor equipo modesto de toda Galicia, a tempada anterior, 2011-12 non saía nada, e a 2012-13 con menos número de xogadores incluso, todo ben. ¿Como o viviches desde a distancia, e que tal os ves para este ano?, ti sobre todo, que adestras con eles.

A tempada pasada seguinna un pouquiño, cando non podes ver os partidos enganchas a Radio Galega e acabaste enterando, ves resúmenes, acabas entrando na web do As Pontes, na das rapazas, en Amigus (risas), e acabaste enterando nas páxinas que realmente che poden contar cousas do As Pontes, e bueno, sempre fun seguidor do As Pontes, e vouno seguir sendo, estea en Tailandia ou donde estea. E este ano creo que os vexo mellor, a Liga penso que cos ascensos baixou un pelín, pero o As Pontes creo que mantivo o grupo e de feito penso que os fichaxes aportan moito, creo que hai xogadores de categorías superiores, entón xa che digo que este ano para min sería un pecado pasar algún tipo de apuro e penso que é un ano para disfrutar moitísimo e para soñar, ¿porque non?

¿Que sentiches hai tres meses cando varios dos que foron asiduos compañeiros teus nos primeiros adestramentos e vivencias na selección española, como De Gea, o porteiro vigués Diego Mariño, Joel, Illarramendi, Camacho, Nacho, desde a sub17, ou Bartra, Canales e Thiago, desde a sub19, gañaron a Eurocopa sub21? ¿moi merecida e moi ben xogada por certo non?

Si, realmente creo que deron un recital de futbol, e ademáis ese Europeo como dis foi en Israel e toda a xente me preguntaba pola selección española, incluso tiña xogadores do meu equipo que ían convocados coa selección de Israel, que o fixeron moi ben, estiveron a piques de meterse en semifinais e todo, e realmente á xente de España xa a coñecía, e deron un espectáculo, con xente como Isco, Thiago ou Morata, xente que destaca moitísimo, de primeiro nivel, e así o están demostrando.

Oes David, o que é a vida, o que lle costou a Illarramendi entrar nas quinielas de Santisteban, que incluso recordo que foi un dos catro descartes do Europeo sub17, xunto a Moraga, Roberto e Bolaños aquel maravilloso 29 de Abril de 2007 en que se confirmou que ías xogar o Europeo Sub17, e incluso acudiu ó Mundial sub17 pero sen moito protagonismo, incluso fallando o primeiro penalti contra Nixeria o pobre (risas), na sub19 non contou, e mírao agora. ¿Cómo o ves futbolísticamente a día de hoxe?, ¿sigues tendo trato con él? Por certo, ¿tratas moito cos teus ex compañeiros de selección?

Pois si, é xente coa que sigo tendo trato, porque ó final, non sei porque, pero coa xente do Norte acabas tendo trato como si foras amigo de toda a vida, e moi ben, creo que é unha inversión grande do Real Madrid, pero que eu creo que á larga lle pode dar moita rentabilidade porque é un medio centro con moita saída, xoga ben, parece que non ten sangue nas venas porque non lle pesa o balón nunca (risas), non se pon nervioso, entón creo que á larga vai ser un grandísimo xogador, que xa o é, pero creo que ten un marxe de mellora enorme. E os meus ex compañeiros, por exemplo, o outro día veu o Madrid a Riazor e estiven falando con Nacho, con Bojan prácticamente falo todos os meses, non sei, hai xente coa que ó final acabas tendo moita afinidade, sobre todo xa che digo cos do Norte, con Isma López que está en Gijón, sempre acabas falando un pouco con todos.

David, sabes que eu sigo moito ós teus ex compañeiros de selección, unha de constrastes, por poñer un simple exemplo e non falar de todo equipo, dos dous porteiros que gañaron o Europeo Sub17 contigo, David De Gea é unha peza fundamental no gran Manchester United e Yelco Ramos ascendeu este ano a Segunda B co Puerta Bonita de Carabanchel sendo suplente de Sierra. ¿Que impresións che da uns tan arriba e outros por desgracia non tanto como eles quixeran?

É o futbol, é así, evidentemente a todos nos gustaría acabar xogando no Manchester United como está De Gea, pero cada un ten que facer a sua vida, o seu camiño, mira Bojan, que moito falaban del e tal, pero xa xogou nalgúns equipos como o FC Barcelona, Roma ou Ajax, que xa nos gustaría a moitos de nós pasar algún día por alí (risas), e Fran Mérida está en Brasil, o vigués Mariño no Valladolid, bueno, cada un facendo o seu camiño, porque cada vida é un mundo.

rochela

rochela

rochela

rochela

Por certo, estiveches no campus do As Pontes este verán cos cativos ¿Qué tal a experiencia?

Como experiencia é moi boa, penso que un clube como o As Pontes, que lle gusta tanto traballar a canteira, pois xa tardaba un pouquiño en facer algo deste estilo, e que veña xente tan comprometida como é o caso de Pablo López ou Adrián Boo, xente que, bueno, no caso de Boo non porque é de As Pontes e xa leva moito tempo no clube e é dos que sempre se apuntan a todo, sempre está axudando, pero realmente Pablo, que chegaba novo e poñer a andar unha iniciativa destas creo que é de agradecer sobre todo nese sentido, porque todos os rapaces que se apuntaron quedaron encantados coa organizacion, Pablo de feito está adestrando ós prebenxamíns, gustalle, e xa che digo, creo que como iniciativa foi enorme, entón todo o que sexa colaborar e botar unha man pois eu encantado.

Pablo é un crack, o outro día incluso regalandolles no descanso chupa chups a todos os cativos que estaban no campo vendo o partido, e por certo, Adrián Boo ¿que che pareceu o salto que deu esta tempada como preparador físico do Compostela?

Alegrome moitísimo, é un amigo de toda a vida, teño persoalmente moitísimo trato con él, é das persoas que sempre lle desexas o mellor de todo corazón, sempre se está preocupando por ti e por todos, creo que é desta xente que consigue as cousas a base de traballalas, porque non para un minuto, sempre está facendo cousas, mellorando, preocupase moito polo seu traballo, e polo que non é o seu traballo tamén (risas), e xa che digo, creo que ese tipo de xente que sempre está intentando mellorar aínda que sexan cousiñas pequenas o final saen adiante e cando me contou que tiña esta opción de ir ó Compostela dixenlle que non o pensara, encantado, que fora e que disfrutara, e bueno, eu teño a esperanza de que poida seguir subindo e que non teña teito.

¿Que consellos che gusta dar ós rapaces máis novos cando vas ós campus ou cando che preguntan cousas á hora de firmar autografos?

Sobre todo que disfruten, que o pasen ben, que non descuiden os estudios porque senon isto non funciona, e xa che digo, que o pasen ben, que se divirtan e que non pensen en cousas raras, porque realmente cando non disfrutas as cousas non saen, e o mellor consello que se pode dar creo que é ese.

Bueno Roche, pois despois de aguantarme durante case unha hora sen desfalecer nin protestar, pobres lectores (risas), moitas gracias pola túa santa paciencia e pola túa maneira de ser para os que te coñecemos, que teñas moita sorte por terras tailandesas, botaremoste de menos, seguiremoste como poidamos (risas), e xa o sabes, como lle dixo o Xenio a Aladdin “Roche, no importa lo que digan, para mi siempre serás un Príncipe”. En As Pontes, en Israel ou en Tailandia, you´ll never walk alone!

Moitas gracias a ti Xose, coma sempre.

rochela

Nova cortesía de Xose Ferreiro

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén