ENTREVISTA A DIEGO ANDRÉS BERMÚDEZ PENABAD. POR XOSE FERREIRO

Hai un ano e medio fixemos unha amplia entrevista a Adrián López, e a David Rochela (aproveitando o quinto aniversario da consecución do Campionato de Europa), sobre a súa traxectoria futbolística ata o momento, e quizáis nos faltaba, sen querer desmerecer a ninguén, e ademáis xa o tiñamos pendente, un deses tres futbolistas ponteses de maior recorrido nos últimos anos. Diego Andrés Bermúdez Penabad (19-06-1982) é sen dúbida un dos mellores xogadores que deu As Pontes de García Rodríguez. O fillo do emblemático Jose Antonio Bermúdez, formouse nas categorías inferiores do Endesa, e conseguiu nin máis nin menos que 6 Ligas e 3 Copas de Ferrol coa gloriosa xeneración pontesa de 1982, a “quinta de Naranjito”. É un día de finais de Setembro en As Pontes, pola mañá, fai un bo día, na casa dos Bermúdez Penabad tratannos como se foramos marqueses, agradecementos á nai de Diego, a señora Mercedes Penabad. Hai catro anos falamos brevemente con Bermu con motivo do seu enfrontamento na Copa do Rei contra o Real Madrid, o “alcorconazo”, pero, antes de que o protagonista parta cara a terras australianas, quixemos coñecer un pouquiño máis de preto a traxectoria futbolística deste pontés trotamundos do fútbol que ó longo da súa carreira pasou pola canteira pontesa, Celta de Vigo Xuvenil, Viveiro, Racing Vilalbés, Compostela B, Compostela, Atlético Arteixo, Móstoles, Osasuna B, Leganés, Alcorcón e Cádiz.

Ola Diego, bueno, antes que nada, moitas gracias, a ti por concedernos estes minutos, e a túa nai, que me tratou como se fora un ministro, pero dos bos (risas). ¿Cando comezaches a dar as primeiras patadas a un balón?

Gracias a ti, pois eu empecei xogando a fútbol sala, no colexio de A Fraga, empecei moi pequeniño, tería 7 ou 8 anos.

¿Recordas cando entraches a xogar no Endesa de As Pontes? Que daquela como non había prebenxamíns nin benxamíns, creo que entraras o ano anterior de ser alevín.

Pois si, entrei un ano antes do que me correspondía, e botei tres anos no Alevín do por aquela Endesa de As Pontes.

Agora hai menos cativería, pero daquela había máis rapaces, e de moito nivel tamén, e facíanse moitas cribas no clube, ¿recordas cando che dixeron que pasabas a formar parte do equipo?

Si, e había moitos rapaces compañeiros meus do colexio que ó mellor non seguían no As Pontes, ou dicíanlles que probaran outro ano, era unha selección continua, xa desde moi pequenos.

¿E acordaste cando foi o teu primeiro adestramento no As Pontes? Me imaxino que como calquer cativo pequeno, a primeira vez, moitos nervios.

Si, moitos nervios, ademáis había rapaces que eran maiores ca min, e tamén xente de fútbol importante aquí en As Pontes como Fernando Castro ou Adrián Bouza, e si, acordome do primeiro campo que pisei e as primeiras botas que tiven, recordoo perfectamente.

No seu día dixechesme que aprenderas moito de adestradores míticos como Vilaboy, Roca ou Calpita, ¿que destacarías?

Pois destacaría valores, unha disciplina, e educación sobre todo, porque cos teus pais hai cousas que ó mellor se lles escapan e alí aprendes disciplina e convivencia con outros rapaces.

Formaches parte dunha xeneración gloriosa, probablemente das mellores que deu o futbol pontés, Xoel González, non vamos a falar del, selección española cadete, marchou para a canteira do Deportivo ben pequeno, Miguel Vilaboy, selección galega sub17, Iván Alonso, Rubén Rivas …despois de tanto tempo fora ¿tes contacto con eles?

Pois si, por exemplo, Iván Alonso é un dos meus mellores amigos, incluso estiven na súa boda este verán, con Miguel Vilaboy de vez en cando si que falamos, e con Xoel e con Rivas pois cando nos atopamos polo pobo, nas festas ou acontecementos especiais pois tamén.

Oes, que por certo, eu digoche estes catro por falar de algúns eh, que contigo tamén xogaron Chote, Xalo, Gacel, Isaac, Piti … e outros tantos moitos que tamén eran moi bos, que logo non se me enfaden conmigo (risas). Gañades 6 títulos de Liga, tres Alevíns (1991-92, 1992-93, 1993-94), dúas Infantís (1994-95, 1995-96), unha cadete (1997-98). Tamén gañades 3 Copas de Ferrol, Alevín 1993, 3-0 ó Eume, Infantil 1995, 6-1 ó Eume, Infantil 1996, 4-0 ó Meirás, e perdedes outras tres, Alevín 1992, 2-1 ante o Barallobre do gran Marcos Novo, Alevín 1994 a penaltis co Eume, e Cadete 1998, tamén nos fatídicos penaltis contra a gran canteira do Narón Balonpé. Logo xa cando eras xuvenil xogachedes na Liga galega, con dous magníficos quintos postos. Falame un pouco do que recordes destes torneos, do que te lembres eh, que gañaches tantos (risas), ¿algunha final?, ¿algún gol?.

Acordome de que xogabamos moi ben (risas), que aquelo era ir a pasalo ben e a disfrutar, e bueno, non me acordo de ningún gol así en especial, si que eu xogaba de interior, xogaba por banda, entón marcaba máis goles que agora que son lateral (risas), por exemplo nunha temporada marquei 18 goles.

Unha curiosidade, non sei si recordas unha Copa Alevín que me fixo “gracia”, na Liga eran dous grupos e enfrontaronse os dous Campións de Liga, As Pontes e Eume, arrasades 9-2, e apenas un mes máis tarde perdedes a final de Copa a penaltis co mesmo equipo, sei que cada partido é un mundo, nunca mellor dito, jeje, pero ¿que me podes contar daquelo?

Pois a verdade é que eu moito non me acordo, si que che podo dicir que o Eume era sempre o rival máis duro para nós, o resto de rivais non nos poñían xeralmente en moitos apretos, pero o Eume, tiña xente alí, como Canosa, que estivo na canteira do Depor, e recordo algún que outro xogador máis, que eran moi bos.

Gran canteira a de Pontedeume, e logo xa xogaches no As Pontes Xuvenil en Liga Galega dous anos, con dous quintos postos.

No As Pontes, eu, o primeiro ano de xuvenil, a verdade e que ía moi ben a cousa, porque fixera a pretemporada co primeiro equipo, estaba Milo Abilleira de adestrador, pero xogando no Instituto a fútbol sala caín de cu, no cemento, e fastidiei un oso, e estiven oito meses no dique seco. Eu fixerame dano, e logo pola tarde fora adestrar co Endesa, que daquela como sabes chamabase así, e xogabamos contra o Racing de Ferrol de xuvenís, imaxínate, eu tiña unhas gañas de xogar enormes, e nunha xogada que estirei a perna provoquei unha fractura por arrancamento, porque xa tiña o oso medio tocado de caer, tiña unha fisura, e ó tirar, o isquiotibial arrancoume un trozo de oso, estiven oito meses no dique seco, parado, non xoguei ese ano, e ó ano seguinte retomeino, aínda con molestias, e ó final conseguín facer un bo ano e fixaronse equipos en min.

diego

diego

diego

diego

diego

Vaia, no teu terceiro ano fichaches polo Celta Xuvenil, ¿quen se fixou en ti, e que me podes dicir da experiencia de formar parte da canteira celeste, unha das dúas mellores de Galicia?

Resulta que daquela Iván Alonso xogaba no Racing de Ferrol, e viñeranme ver, él e máis o míster do equipo, queríame o Racing, e logo tamén me chamara o Oviedo, para ir a facer unha proba, fora a Asturias a facela, e alí non me colleran, e meu pai contactara con Milo, que daquela estaba no Celta B, para que fora a adestrar co filial do Celta e ficharonme para o equipo xuvenil.

¿Como che fora aquela temporada 2000-01 co Celta Xuvenil e que me podes dicir desa xeneración olívica coa que coincidiches?

Pois co Celta chegaramos a xogar a Copa do Rei, quedaramos de segundos en División de Honra e clasificaramos para a Copa como un dos dezaseis mellores equipos de España, pero eliminounos o Osasuna. E nesa xeneración houbo dous xogadores que chegaron lonxe, un foi Iago Bouzón, que agora está no Córdoba, e o outro foi Dani Giménez, o que é o porteiro hoxe en día do Alcorcón, eses foron os que chegaron máis lonxe. Adestrabamos a miudo co primeiro equipo, con Karpin e toda esa xente, e a verdade é que foi unha boa experiencia.

O gran Iago Bouzón, subcampeón mundial sub20 con Iniesta en EAU 2003. Sendo a túa primeira experiencia fora da casa ¿como a valoras?

Foi unha experiencia dura porque nunca estivera fora da casa, e paseino mal ó principio pero logo fixen amigos, e estiven moi a gusto alí en Vigo, é unha boa cidade.

(Risas) E dos moitos encantos que ten Vigo, ¿podes destacar algún?

Acordome que na primavera xa ía a praia, achegabame alí a Samil ou a Coruxo, aínda que no inverno choveu moito (risas), logo a temperatura foi suavizando e puiden ir á praia moitas veces.

Despois do Celta das o salto ós “maiores”,e como xa che dixen Diego, ti fuches un “sufridor” durante moitos anos, en moitos equipos nos que estiveches, entre que moitas veces vos xogabades a categoría e nalgúns casos veías poucos cartos … ata que ó final obtiveches a túa xusta recompensa. Fichas polo Viveiro, en Terceira División, e nese 2001-02 curiosamente salvadesvos coa última praza dos que manteñen a categoría (17º), e baixa o Endesa As Pontes (snif), Porriño e Gondomar. ¿Que te levou a fichar polo Viveiro?

Saín do Celta de xuvenís, alí en Vigo non seguía, e bueno, pensei, ¿qué fago?. Daquela o fútbol non era primordial para min, cando fun ó Celta Xuvenil si porque me quería probar, pero saín do Celta e pensei en estudiar, teño familia en Viveiro, e había un ciclo alí que me interesaba moito que era de Delineante, e apunteime ó ciclo, e pensei, ¿e que fago aquí en Viveiro?, pois xogarei ó fútbol ¿non? (Risas). E fun polo campo do Viveiro, pedín para adestrar con eles e ó primeiro adestramento xa me ficharon.

Pero ti por exemplo non eras dos que de pequeno dicías “eu de maior quero ser futbolista”, ou polo menos intentalo, porque ti outra cousa non, pero no fútbol, loitador, trotamundos e currante eres.

Todo o mundo ten soños e ilusións pero saes do Celta e pensas que é mellor adicarte a estudiar, (risas) pero bueno, en Viveiro retomei, fun a adestrar alí un día, gusteilles, e alí volvín outra vez a engancharme.

Viveiro, terra de bos futbolistas para o As Pontes, Kiko Rey, Pablo Rodríguez, Bossa, Schuster, Kiko, Fidi, Coedo … E logo na 2002-03 do Viveiro pasas ó Vilalbés, que a tempada anterior quedara por diante do Viveiro e en teoría tiñas mellores expectativas alí, ¿que te leva a fichar polo equipo de Vilalba?

Chamoume Vila, eu no Viveiro estaba como se fora un rapaz da canteira, e chamoume o míster, convenceume, e aló fun para o Vilalbés.

E logo no Vilalbés non acontece o mesmo que a tempada anterior e descendedes por un punto.

O descenso co Vilabés ademáis foi moi doloroso porque en toda a tempada nunca estivemos en descenso e a última xornada valíanos un empate, e perdemos, contra o Portonovo.

Vaia, ¿que me podes dicir da expericencia do debut eses dous anos na categoría sendo tan xovenciño?, nos campos de Terceira curtiriaste ben ¿non? (risas)

É a experiencia que marca xa ó xogador, pasas de competir con rapaces a competir con homes, homes de trinta e pico anos e con moita experiencia, e é un salto importante, pero bueno, se che teño que falar a nivel futbolístico a División de Honra Xuvenil é unha categoría fortísima, logo en outros aspectos como o de controlar o xogo hai moita xente en Terceira con experiencia que o fai moi ben.

Logo fixase en ti o clube santiagués e fíchate o Compostela B para a 2003-04, e incluso debutas co primeiro equipo.

Eu no Compostela fichei polo filial, en Terceira, e subiranme, xoguei tres partidos co primeiro equipo, fixeramos moi bo ano no filial e subiranme, anque so xogara tres partidos como che digo, porque botaran o adestrador, que era Pichi Lucas, ficharan a outro, e volverame a baixar para o filial.

¿E no filial ese ano que tal?

No filial empezaramos moi ben, chegaramos a ir de primeiros, o que pasa é que empezaron a subir e a baixar xente e por riba non nos pagaron en non sei canto tempo e ó final quedamos na media táboa, de séptimos creo.

¿E que me contas da experiencia de debutar en un campo de Primeira como San Lázaro?

Debutei contra o Conquense, foi esa foto que ves. Ahí creo que foi unha das oportunidades que ó mellor se me escaparon porque quizais se seguira no primeiro equipo seguramente houbese tido ó ano seguinte bastantes cousas boas.

Na 2004-05 vaste para o Atlético Arteixo, en 2ªB, equipo en triste situación económica, e que acaba de último a temporada, ¿que me podes dicir dese ano?, a nivel deportivo me figuro que mal, pero como persoa aprenderías moito da vida ¿non?

Serviume para ver o jodido do fútbol, que as cousas non son tan bonitas como se pintan, e bueno, unha experiencia que en definitiva foi positiva porque aprendes cousas de todas as situacións, fora unha situación moi delicada, que chegamos a adestrar nós pola nosa conta, e bueno, faite máis forte para o futuro e para a vida.

Por certo, ¿no Arteixo coincidiras con algunha vella gloria do Deportivo?

No Arteixo coincidín con Manjarín, Lemos, e tamén estaba adestrando con nós, anque non lle fixeran ficha, Paco Jémez, o actual adestrador do Rayo Vallecano. Tamén Santaella, un rapaz que debutara no Sevilla en Primeira División.

E xa en 2005-06, das o salto a Madrid, vaste pra o Móstoles a 2ªB onde xogas con moita asiduidade. Moitos minutos pero acabades penúltimos, so por diante do Negreira, e outro descenso. Falanos da túa primeira experiencia lonxe de Galicia.

Pois xoguei moito, e foi a miña consagración en 2ªB, pois no Compos debutara, no Arteixo xogara na segunda volta bastante, pero alí foi cando xoguei sobre 30 partidos e creo que foi onde me fixen máis xogador.

Antes que nada, levabas toda a vida xogando en Galicia, ¿que te motivou a marchar a Madrid?

Acabou a etapa do Arteixo e eu quería seguir xogando en Segunda Division B, tiven unha oferta para xogar en Canarias, no Pájara Playas de Jandía, pero Madrid motivabame máis que ir a Canarias, ademáis un tiña un campo de herba e o outro artificial e decanteime por Madrid, e ó final arranquei para alí.

E logo fichas polo Osasuna B para a 2006-07 onde ti dis que vives algún dos teus peores momentos futbolísticos por mor dunha lesión, aínda así o teu equipo salvase polos pelos (risas), na últimaxornada, aínda empatados a puntos con varios equipos, e baixa o Sant Andreu. Falanos do teu paso por un filial dun equipo de Primeira División.

Pois ese ano tiven un esguince de xeonllo, pasara varios meses fastidiado, e non o disfrutei, porque a verdade e que Pamplona é unha cidade impresionante, pero non o disfrutei moito por este tema e ademáis o míster, Quique Martín, era moi serio e moitas veces pasabalo mal con él.

diego

Por certo, ¿como te fichou o Osasuna?, non é que ti non valeras nin moito menos (risas), pero daquela xa tiñas 24 anos e os filiais soen fichar a xente xove.

No Móstoles, o equipo acabara penúltimo, pero eu fixera un dos mellores anos da miña carreira, e viñeran ver a un rapaz novo, un dianteiro de 20 anos, gusteilles eu e ficharonme a min (risas).

(Risas) E logo xa empezas a vivir a túa mellor etapa, os teus cinco mellores anos, xa volves definitivamente para Madrid, dúas temporadas seguidas no Leganés (2007-09), onde ahí estiveches máis a gusto, o primeiro ano salvaste con certa solvencia e no segundo a vida dache un xusto premio e loitas polo ascenso a Segunda División, ó finalizar na cuarta praza con dereito a play off, ¿que me podes contar da túa etapa no Lega?

Pois no Leganés disfrutei moitísimo, o Leganés é un equipo de Segunda División, ten unha afección e un estadio impresionantes, a primeira temporada non xoguei tanto como quixera, pero a segunda xoguei sobre 35 partidos ou algo así, e fomos primeiros durante moito tempo, pero ó mesmo tempo debíannos tres meses, eramos primeiros e o clube sen pagar, a afección volcabase con nós, ó final pinchamos un pouco e metímonos polos pelos no play off, chegamos moi xustos de gasolina, e na primeira ronda eliminaronnos, pero o ano foi incrible. Eliminounos o Jaén, na primeira eliminatoria, na casa empataramos e alí meteranos catro, expulsaronos o porteiro …

diego

diego

diego

diego

diego

Sigues subindo escalóns e agardanche tres maravillosas temporadas no Alcorcón (2009-12), a túa mellor época, o primeiro ano un maravilloso ascenso a Segunda División, despois de ser campións de grupo por diante de Oviedo, Guadalajara e Universidad de Las Palmas, xogades o play off, perdedes co Granada, e na repesca eliminades ó Pontevedra e xogades a última rolda, empatades na ida en terras valencianas contra o Onteniente (Ontinyent), e na volta recordo de velo en directo na Televisión Madrileña, que sufrimento, porque se puxera o Onteniente 0-2 e acabades gañando 3-2 no desconto, ¿que me podes contar? ¿Cómo foi ese momento en que o colexiado pitou o final?

Tiñamos un autentico equipazo, tiñamos xogadores de eses solidarios e que tiran do carro, eu acordome do que dixo o capitán, que era Íñigo López, un xogador como a copa dun pino, que era central pero metía moitos goles, tiña unha confianza en si mesmo moi grande, e chegou no descanso e dixo “me tenéis que ayudar, yo voy a meter un gol, pero me tenéis que ayudar”, e meteu dous goles (risas), necesitábamos un gol para ascender e ó final, foi moito suspense, porque no minuto 90 pitaronnos un penalti a favor, tirouno Mora, e fallouno, quedabamos sen ascenso, e un minuto máis tarde metemos o 3-2, e iso foi descomunal, houbo invasión ó campo, pero claro, o partido aínda non acabara, e os xogadores xa dando os pantalóns e as camisetas, e entrevistandonos, pero o partido non acabara, aínda continuaba, a min, que xa me cambiaran na segunda parte, entrevistandome, o público metido no campo e aínda faltaban dous minutos, e claro, o arbitro mandou desaloxar o campo, e seguiu o partido os dous minutos que quedaban, os xogadores tiveron que pedirlle as camisetas ó publico (risas) e na última xogada unha falta lateral deles e casi nos marcan, imaxínate o que sería iso (risas), e logo foi algo incrible, unha gran festa, esa tempada entre o do Real Madrid e máis o ascenso foi alucinante.

(Risas) Por riba, como dis, eliminades ó Real Madrid co “alcorconazo”, 4-0, ¿que me podes dicir deses días máxicos nos que estabades en boca de toda España?. Que por certo, sairades en “El Larguero” da Cadena Ser falando con De La Morena.

Si, pagaranos unha cea a radio, pero coa condición de que eles estiveran alí, e tiñamos xente que era moi dicharachera como Íñigo que collía o micrófono e xa non o soltaba (risas), e foi moi divertido, e aquelo fora incrible porque despois do 4-0 ó Real Madrid todos os restaurantes de Madrid chamabannos, todas as semanas tiñamos cenas pola cara, “que vienen los del Alcorcón” e tal (risas), invitados a todos os lados, xa che digo, despois diso, cada semana invitabannos a cenar nun restaurante diferente de Madrid.

(Risas) ¿E a ti non che quedou pena por non xogar contra o Real Madrid?. Estabas lesionado, sentirialo moito porque seguramente xogarías algún partido.

Eu gozaba de moita confianza por parte de Anquela, incluso el díxome que si eu estaba dispoñible pois xogaba, e eu o día do Bernabéu dixenlle que non estaba recuperado, incluso quentei co equipo titular pero non estaba para xogar.

¿Intercambiaches algunha camisola cos merengues?

Non. O primeiro partido estaba na grada e no segundo quedaramos co delegado do Real Madrid para levarlles as nosas camisetas e eles darnos as súas, e ó final algún listo colleu a que me tocaba a min e quedei sen camisola (risas).

(Risas) E na vivencia de xogar dous anos en Segunda División, anque con algo menos de protagonismo teu, pero bueno, xogaches os teus partidiños, e moitos importantes, me imaxino que estando en Segunda compartirías equipo con moitos cracks ¿non?

Dos xogadores do meu equipo quizáis me quedaría con Sergio Mora, é un xogador que decidiu xogar en Segunda B cando había moitos cartos en esa categoría, pero é un xogador que podía estar en Primeira perfectamente durante moitos anos. Tamén Quini, que é moi bo amigo meu, meteu moitos goles que nos deron a vida o primeiro ano en Segunda, xogador moi bo, dianteiro tanque que aguanta moi ben o balón, moi bo de espaldas, e xa che digo que xoguei con moi bos xogadores, Fernando Sales, Iñigo López, Babín, Paco Montañés, Ernesto … e boa xente tamén.

diego

diego

diego

diego

diego

diego

diego

diego

diego

diego

diego

diego

diego

diego

diego

diego

diego

diego

¿E que me podes dicir da experiencia de xogar a fase de ascenso a Primeira División?, que xa sería o culmen da túa carreira, contra o Valladolid, que estivechedes a un gol de conseguir subir. Aquel gran Valladolid que tanta guerra lle dera ó Deportivo e ó Celta na 2011-12, e por certo, ti xogaches o primeiro partido nesa eliminatoria.

A verdade é que no Alcorcón ó final acostumbreime a xogar partidos moi importantes, e ese foi quizáis o partido máis importante da miña carreira, pero sabíamos xestionar moi ben este tipo de partidos alí no Alcorcon, e a verdade é que o Valladolid era un auténtico equipazo, xunto co Deportivo e o Celta eran os tres que destacaban, entón, nos fixemos unha gran campaña e fixemos o que puidemos contra eles, pero creo que merecían ascender porque eran moi bos e xogaban moi ben.

O Valladolid por potencial, pero o Alcorcón aínda sendo un dos menores presupostos, e por riba a afección que ten, e quedachedes a un paso.

Nos fixemos un ano incrible pero a verdade e que eles puxeron moito máis fútbol ca nós.

¿Algún extremo rival que che dera moita guerra pola túa banda?

Xoguei contra moi bos xogadores, por exemplo tiven moitos enfrentamentos con Dani Benítez, o do Granada, xogador moi rápido, tivemos moi bos piques, tamén marquei a Collantes, a Aleix Vidal, o do Almería, e logo en Copa a Susaeta o do Bilbao, pero bueno, en Segunda hai moito extremo bo ó que cubrir, e tamén me acordo de Charles, o que está agora no Celta, que tamén o marquei no play off contra o Pontevedra.

Aparte de xogar en Segunda, en Copa xogarades contra Athletic de Bilbao, Levante e Racing de Santander, anque perderades contra estes equipos, e eliminachedes a todo un Celta de Vigo e Zaragoza nin máis nin menos, ¿que me podes dicir desas experiencias, estadios, xogadores?, con algún cambiarias algunha camisola me figuro.

Do Bilbao teño a camisola de Javi Martínez, e do Racing de Santander teño a de Arana. Pois daste de conta de que o fútbol está moi parexo, que un equipo de 2ªB, anque eramos un gran equipo de 2ªB, pois nós xogamos contra o Racing de Santander e merecimos pasar a eliminatoria, foi o partido seguinte de cando eliminamos ó Real Madrid, pero moi superiores que fomos ó Racing, e logo xa estando en Segunda División, ó Zaragoza eliminamolo sen ningún problema, e ó Celta eliminamolo tamén, daste conta de que tampouco hai tanta diferencia, que cun equipo moi motivado podes vencer a calquera.

diego

¿Algún xogador que che impresionara neses cruces?

Pois cando xogamos o partido de volta alí en San Mamés e tiñamos enfrente a Fernando Llorente, un tipo que, mira que eu son alto e forte, pero el aínda é máis alto e máis forte ca min (risas), incluso algunha vez choquei contra el e caín de fuciños (risas)

(Risas) Por certo, ¿que tal ves a milagre amarela do Alcorcón?, despois de dous anos maravillosos xogando o play off de ascenso, e estando a un paso de ascender a Primeira División, este ano ahí o tes outra vez, arriba nas primeiras xornadas, e todo iso sendo un dos equipos con menos presuposto.

Creo que fan moi ben as fichaxes porque agora mesmo o fútbol está fastidiado, hai moitos xogadores libres que agardan ata ó final, e ó final non consiguen equipo, pois o Alcorcón aproveitase dese tipo de circunstancias para fichar tarde, pero ficha moi ben. Entón xogadores que tiñan expectativas de xogar ó mellor en grandes equipos ou en categorías superiores, ó final quedan sen equipo e o Alcorcón é un equipo que ten fichas libres, e ademáis xogar en Madrid sempre é bonito para eles. E xa che digo, as fichaxes que fan creo que non se equivocaron en ningunha.

Por último, vas ó Cadiz para a 2012-13, a un equipo histórico que estivo moitos anos en Primeira en diversas etapas, pero agora en Segunda B, o ano anterior non ascende a Segunda por pouco, perdeu por penaltis co Lugo, o equipo non empeza moi ben, me imaxino xogades con moita presión, e do que ti marchas no mercado invernal, lesionado, creo, ata o día de hoxe, contame.

Pois o Cádiz é un equipo que ten unhas expectativas moi altas, é un equipo que ten moitos medios, moita presión, gran afección, é como si estiveras en Primeira División, pero en 2ªB, entón pois o equipo empezou mal, a verdade é que considero que non tiñamos un equipo para as expectativas que se querían cumprir, que era o ascenso, e nada, a situación volveuse moi compricada, eu tiven a posibilidade de irme, saiume algunha oferta, e ademáis tiña unhas molestias nun pe, estabanme mermando e non podía xogar ó cen por cen, entón pensei que pasaba de vivir esta situación tan compricada, que tiña ofertas, e funme no mercado invernal, a esperar a oferta que tiña, que era do Sabadell, e tamén se rumoreou dalgún equipo chipriota, pasou o tempo, o Sabadell ó final fichou a outro xogador, pero eu non me arrepinto para nada, quedeime en Galicia para recurperarme das molestias que tiña no pe, e ó final, foi o que pasou, que a segunda volta non a xoguei, ó final decidín operarme, funme, rescindín o contrato, costoume porque chegou un míster novo que me ilusionaba moito, que era Raúl Agné, moi bo adestrador, pero decidín irme, pasei de vivir aquelo e funme de alí.

¿Que foi o que te levou ó Cádiz para a 2012-13 porque ó haber xogado en Segunda División me imaxino que terías moitas ofertas?

Moitas veces guiaste, anque sexa Segunda B, o Cádiz é un equipo histórico como dis, tiña un campo de vinte pico mil asentos a estrenar, unha cidade deportiva de dous campos de herba … unhas infraestructuras alucinantes, unha afección alucinante e un equipo que en teoría tiña que ascender a Segunda División, por iso me fun para aló anque ó final saira mal a cousa.

diego

diego

diego

diego

diego

diego

Xa repasando a túa carreira futbolística, ¿podesme dicir algún gol?

Co Alcorcón metín un que foi moi importante porque no primeiro ano do Alcorcon en Segunda División estábamos coa auga ó pescozo aló por Decembro e xogabamos contra un rival directo que era o Recreativo, que estaba para descender e nós daquela estábamos tamén en descenso, e marcamos nos, empatarannos eles, e logo na segunda parte nun córner pois eu toqueina o xusto e meteuse para dentro, foi a victoria que nos permitiu saír do descenso e a partir de ahí fumos escalando, e ese ano salvamonos sen ningún problema e incluso chegamos a estar cerca da zona de arriba.

¿Tes algún referente como futbolista?

Pois eu sempre me fixei en xogadores que eran da miña posición e de características similares a min, eu fíxome moito en Abidal, que é un lateral grande e alto coma min (risas), tampouco é goleador, aínda que é ofensivo, eu son ofensivo tamén, entón eu creo que, salvando as distancias con él (risas) creo que sería o xogador ó que máis me parecería.

¿Qué me contas do teu posto de lateral esquerdo que é máis compricado do que a xente pensa?

Lateral esquerdo é un posto, para min, de moita responsabilidade, din que lateral é do máis fácil pero para nada, xogas contra os interiores e extremos dos outros equipos, que soen ser os máis habilidosos, e o que máis poida é o que gaña a batalla, é un man a man, e cada día tes que enfrontarte a xogadores moi bos e diferentes, e é moi interesante.

¿Teste que conter moito como lateral?, porque incluso vin o teu vídeo de Youtube e pasas a vida subindo (risas).

A verdade facíame moita gracia que me dicía Anquela moitas veces “Bermúdez, zapatero a tus zapatos!”, (risas), que me deixara de subir e tal, pero bueno, é algo que considero unha seña de identidade miña e cada un ten que ir co que aprendeu desde pequeno e non o podo cambiar.

http://www.youtube.com/watch?v=4Wz_2xeT4d8

Tamén adestraches na selección galega de afeccionados, contame a experiencia.

Si, iso foi cando estaba no Compostela B, e deixei de ir cando debutei en Segunda B co primeiro equipo, porque creo que non poden ir xogadores de categorías superiores a Terceira, estabao facendo moi ben no Compos B, e chamaranme para o A, e deixara de ir. Coincidín con xogadores, que para min eran moi bos, como Carlocho, co que logo estiven no Arteixo, ou Costas, o do Coruxo.

O teu pai, Jose Antonio, foi un mítico xogador, entre outros, do Racing de Ferrol, Calvo Sotelo (antigo As Pontes), e Perlío, a min faloume moito meu pai del, ¿sabes algo das súas andanzas?, me imaxino que polo libro te enterarías de algunhas máis (risas), pero non sei, ¿tes visto fotos, xornais, falaronche del?

Velo xogar a fútbol non o vin xogar, pero toda a xente que me ve, preguntame si son o fillo de Bermúdez, que meu pai era un gran xogador e esas cousas. A fútbol sala si que o vin xogar, cando xogaba en Deportes Ibérica, que a fútbol sala faciao moi ben, e gañaron varias veces a Liga, pero a Fútbol Campo eu era moi novo e non teño recordos.

diego

Si se pode saber, ¿a que adicas o teu tempo nestes momentos?, díxome un paxariño que entre outras cousas andabas a facer un curso de windsurf (risas).

Pois eu son moi deportista, e polo fútbol quizáis non puiden facer máis deportes, porque me adiquei exclusivamente a él, pero todo o tema de náutica, piraguismo, vela, windsurf, surf, todo iso interesame moito, e agora tiña tempo para facelo e aproveitando que agora temos un lago maravilloso aquí en As Pontes (risas) pois pensei en facer o curso de windsurf. E tamén, como viches polos trofeos que teño alí, de pequeno non se me daba mal o atletismo.

Teño entendido que queres ir a Australia 8 ou 9 meses a aprender inglés porque segundo me comentaras hai un ano e medio, é moi proveitoso para o teu futuro laboral cando deixes o fútbol ¿non? Contame un pouco máis si podes.

Pois resulta que no fútbol xogas por dúas cousas, unha por facer cartos e outra por pasalo ben, da Segunda B para adiante é unha categoria profesional na que o fútbol é o teu traballo, e agora o fútbol baixou moito, baixaron moito os soldos, e prantexeime que tiña 31 anos e ía pensar no meu futuro, non vou a estar por ahí xogando tres ou catro anos máis en Segunda B, e logo acabase eso… entón prefiro irme a aprender idiomas, aínda que este ano tiven unha oferta en Segunda B pero xa che digo que baixou moito a cousa, entón prefiro aprender idiomas, e pensar no futuro que creo que vai a ser máis positivo para min, e se xogo alí ó fútbol, que teño un contacto por alí pois mellor, pero en principio vou alí a estudiar e a aprender inglés, e logo si podo fichar en algún equipo pois mellor que mellor.

¿Pero ti estás recuperado?

Quédame un chisco, quédame aínda algunha molestiña, pero xa estou prácticamente ben.

Si estás recuperado, a un xogador coma ti, con varios anos de experiencia en toda unha Segunda División Española seguro que non lle resulta moi compricado atopar un oco nalgún equipo aussie. E anquexa levas 13 anos noutros equipos, xogaches 9 tempadas nas categorías inferiores do As Pontes, ¿sigues ó equipo?

Si, sigo que o ano pasado fixo unha temporada incrible, e gracias a eso, agora algún rapaz como Cañizares fichou polo Deportivo e a verdade é que parece que se están facendo as cousas ben, e é unha alegría que saian xogadores para bos equipos e que ogallá triunfen.

E agora que me falas de Cañizares, ¿Que opinas de Adrián, Rochela e Enrique, que con 16 anos debutou hai pouco co Deportivo?

Pois a verdade é que eu creo que fan moi ben, tanto Rochela como Adrián, de buscarse por outros lares o futuro, creo que irse fora de España, un a Tailandia e o outro a Canadá, é algo que enriquece moito e unha experiencia moi boa tanto deportiva como persoal. A Enrique non o coñezo moito, pero estes meses estiven adestrando cun recuperador do Deportivo, e falame maravillas del, dime que xa Fernando Vázquez lle dixo varias veces a él que vai a apostar polo rapaz, que lle gusta moito.

Xa que me dis que che gustan tanto os deportes ¿admiras a algún deportista?

Pois o deportista ó que máis admiro é Rafa Nadal, porque me parece un tipo como a copa dun pino, un tipo superhumilde, e bueno, como deportista, os números están ahí, pero como persoa pareceme que ten moitos valores e que non se lle subiu nada á cabeza. Tiven a sorte de coincidir con el nunhas vacacións, incluso me fixen unha foto, anque bueno, ó final meteuse unha rapaza polo medio, pero bueno, vese que somos nós (risas).

Ostras, eu por unha foto con Nadal … (risas) ¿A que che gusta adicar o teu tempo libre?

Encántame o cine, ir de pesca, e como che dixen, practicar deportes, montar en bicicleta, e sobre todo o mar, a Vela, Windsurf, Piraguismo … deportes de auga, en definitiva.

diego

diego

diego

Xa que analizamos toda a túa longa traxectoria deportiva ¿queres engadir algo?, ¿ou algún agradecemento?

Pois o agradecemento máis grande sería a meus pais, que son uns fenómenos, e sempre me apoiaron en todo, e a verdade é que teño a sorte de ser de As Pontes, que é un gran pobo cheo de xente estupenda.

E entre tanta xente estupenda hai algún que non para de facer preguntas, pois xa non che molesto máis Diego, que marchas o venres para Australia, e terás cousas que facer, moitas gracias por estes minutos e que teñas moita sorte por terras australianas, e se consigues fichar por algún equipo xa nos contarás.

Moitas gracias a ti, e antes de irte ven un momento que che teño que dar unha cousa …

… Para rematar, un gran xesto de Diego que nos regala unha camisola de todo un Alcorcón que está a facer historia sendo a revolución de Segunda División e que eliminou na Copa do Rei a todo un Real Madrid, con dedicatoria incluida. Gardaremola con moito gusto coa camisola da selección española de piragüismo firmada por Borja Prieto e unha foto asinada por Rochela. Damoslle a lata durante unha hora e por riba agasallanos con unha camisola. Asi da gusto! Grande Bermúdez!

Nova cortesía de Xose Ferreiro

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén