Entrevista con Bossa

Continuamos as entrevistas na nova paxina web do Club Deportivo As Pontes con outro dos capitáns do primeiro equipo do Club, Juan Manuel Pena “Bossa”.
Moi boas Bossa,

¿Como estás vendo este inicio de tempada?

Bueno pois a verdade é que estamos empezando,pero as sensacions son boas. Hai moitas cousas por mellorar pero non esta mal empezar gañando fora e un empate contra o cerceda na casa.
¿Cantos anos levas xogando no clube?

Xa levo 5 temporadas en As pontes.

¿Despois do temporadon que fixestes a pasada tempada, ¿que expectativas tedes coa nova tempada?

Pois a verdade e que despois da boa campaña que fixemos a tempada pasada, esta presentase coa ilusión de tratar de mellorala, sabendo que que vai a ser complicado.

¿Como ves ás novas fichaxes que chegaron ó club?

Ben!!, penso que nos van a dar cousas que o equipo non tiña na tempada pasada. Son xogadores de moita calidade que xa saben o que é competir na terceira.

¿En que posición no campo te sintes mais comodo?

Gustame xogar en calquera das posicions do centro do campo.

Persoalmente, ¿para ti como foi a pasada tempada?

Creo que bastante boa, persoalmente penso que conseguin unha boa suma de goles, e tamen tiven a fortuna de xogar moitos minutos sin lesions asi que valoroa moi positivamente.

E tamén persoalmente, ¿que esperas de esta tempada?

Pois espero que saia todo ben e sobretodo que nos respeten as lesions a todos.

Sabemos que antes de recalar no C. D. As Pontes xogaches en moitos clubes e en distintas categorías, ¿podesnos recordar en que clubes xogaches?

Xoguei no viveiro que é o equipo do meu pobo e de ahí marchei ó Compostela e logo Fuenlabrada, Bergantiños e As pontes.

Agora unhas preguntas un pouco mais persoais

Ademáis de xogar ó futbol, ¿que fas?

Pois estou á procura de traballo,pero as cousas non están moi ben que digamos pero espero ter boas novas en ese aspecto en breve.

¿Onde vives?

A Coruña

¿Unha virtude?          

legal

¿Un defecto?

Son demasiado confiado.

¿Canto tempo che duran unhas botas?

Pois depende pero non mais dun ano.(non axuda ir a entrenar á serra),jajaja.

¿Marca de botas?

Adidas ou Nike.

¿Qué se che da ben, ademáis do fútbol?

En xeral os deportes.

¿Un programa de televisión?

Esta é a pregunta mais complicada de todas, porque sinceramente non poñen nada que merezca a pena.

¿Unha radio?

Cadena 100

¿Un libro?

Amanecer en el desierto

¿Unha cor?

Azul

¿Unha cidade?

Nueva york

¿Unha actriz?

Natalie portman

¿Unha comida?

Pasta

¿Unha pelicula?

La vida es bella

¿Musicalmente, que che gusta?

Un pouco de todo pero nada en particular.

¿En que futbolista te fixas, ou che gusta mais?

A min o que mais me gusta é iniesta.

¿O mellor xogador de todolos tempos?

Leo messi

¿Equipo favorito?

F.C.Barcelona

¿Mellor partido que viches na tua vida, ou o que mais recordas?

Un que enfrentaba ó Barcelona contra o atlético de Madrid que gañou o Barcelona 5-4.

¿Mellor recordo que tes dos teus anos de fútbol?

Bueno,deportivamente foi unha fase de ascenso na que conseguimos subir á segunda división co Compostela. Pero persoalmente quedome coa cantidade de amigos que fixen.

¿Peor recordo que tes do fútbol?

O peor para min e a xente que rodea o mundo do futbol, que ainda que hai xente que si que é legal,hai moita mafia.

¿Unha xogada tua que recordes?

Non son moito de facer xogadas, para eso xa hai outros compañeiros.

¿A mellor xogada que recordas ter visto?

Ronaldo ó compostela

¿O teu fan número un?

A estas alturas non creo que teña ningún fan,pero quedome có ánimo que me dan os meus.

¿Un soño?

Un soño seria que se acabasen as enfermedades.

¿Un coche?

O meu renault scenic .

Dentro de dez anos, ¿Qué crees que farás?

De aquí a dez anos poden pasar moitas cousas,pero o único que pido é que todos estemos ben.

¿Gustariache engadir algo mais?

Gustariame agradecer a todos o trato que me estades a dar desde que estou en as pontes.Moitas gracias por todo a todos e cada unhadas persoas que compoñen este gran club.Facédelo todo moi fácil,e eso é unha das cousas que non vou a esquecer nunca.

MOITAS GRACIAS.

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén