FASE DE ASCENSO XUVENIL. SD PORTO BURELA 0 – CD AS PONTES 1

FASE DE ASCENSO XUVENIL. SD PORTO BURELA 0 – CD AS PONTES 1

O equipo xuvenil ascende á Liga Galega con un global de 8-0 na súa final

Este sábado á tarde, no Campo da Marosa, venceu o Xuvenil pontés 0-1 ó Porto de Burela certificando o seu ascenso á Liga Galega, que xa quedara case sentenciado co 7-0 no Poboado.

A pesar de acudir coa eliminatoria case resolta, non quixo o As Pontes xogar en función do que facía o seu rival e foi a polo gol dende os primeiros minutos, así, un centro de David rematao desviado Josiño na área pequena (5´), logo Óscar é obxeto dun claro penalti por derrubo dun defensa local (15´), e o propio xogador remata de primeiras tras outro centro de David e o disparo vai a rentes do pau (16´).

A ocasión máis clara chegou cando nun intento de despexe estorbanse o porteiro e o lateral lucense e Óscar remata á reviravolta algo precipitado pois o balón pasease pola área local coa porta completamente baleira (24´). Así se chegou ó descanso.

O segundo período comezou con unha internada de Cris por banda dereita, e o seu disparo despexao como pode o porteiro, que ten que atrapar o balón en dous tempos antes de que chegue Peque para cazar o rexeite (51´).

Os locais foron con todo á búsqueda tan sequera da vitoria no encontro de hoxe, e nunha xogada a balón parado que semella falta a Lino, remata un xogador ó poste (68´), e posteriormente é o propio Lino quen salva un man a man cun dianteiro visitante (70´).

Pero voltou o As Pontes á carga, e tras outro centro dende banda de David, Óscar remata ó lateral da rede (72´). Despois é Peque quen queda só na área pero remata mordido un pase de Josiño (79´). Tras un saque de córner anticípase no primeiro pau un xogador local e desvía o balón que sae por pouco a rentes do segundo pau (81´).

Pero foi nunha boa contra visitante que Josiño lla cede a Óscar, que se incorpora pola banda dereita e marca dun forte disparo cruzado recibindo o merecido premio do mellor xogador do partido (85´), si ben, dentro do gran rendemento de todo o equipo, os dous centrais, Pablo e Breijo, estiveron espectaculares en toda a fase de ascenso.

Con unha gran xogada de Andrés por banda esquerda, na que tralo seu pase atrás Jose non marca gol de mliagre, xa que o balón saiu rozando o escuadro (92´) rematou o encontro e o As Pontes retorna á Liga Galega, c ategoría na que xa estivera durante 21 temporadas, ademáis de sete en Liga Nacional e unha campaña na División de Honra (2007-08).

Os catro ascendidos definitivos da zona norte foron Residencia, Riveira, As Pontes e o Atlético Arteixo, que venceu por un global de 5-0 ó Eume, o Campión da Liga de Ferrol, o que da aínda máis mérito ó ascenso do equipo de Felipe Mieres. Por certo, ambos equipos veranse as caras o sábado na final da Copa de Ferrol.

Xogaron Lino, Carlos (Fraga 75´), David Otero, Pablo, Breijo, Vilela, Óscar, Chema (David 80´), Cristian (Andrés 59´), Xosé (Jose 86´) e Peque.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén