FINAL COPA AFACO INFANTIL. AD MIÑO 1 – CD AS PONTES 3

FINAL COPA AFACO INFANTIL. AD MIÑO 1 – CD AS PONTES 3

O infantil pontés logra a súa cuarta Copa Afaco e o título comarcal número 70 da canteira pontesa

O Infantil do CD As Pontes venceu na mañá deste sábado no Campo de Gallamonde ó equipo locatario do AD Miño por 1-3 na final da Copa Afaco. Ambos equipos chegaran a esta última rolda tras vencer 1-5 ó Cariño os ponteses e 0-4 ó Perlío os locais.

Ó descanso chegouse co 0-1 tras un gol de Jandro e unha gran parada de Mario que salvou o que podía ser o empate. No segundo período, despois de unha doble oportunidade azul dentro da área pequena, acabou marcando Eloy, tras un saque de córner de Jandro.

Despois, bo pase dende banda dereita de Jandro ó que non chega a rematar Xoel por pouco, e tiro ó longueiro do propio Jandro dende o lateral da área. Ata que tras un pase en profundidade Luis consigue desfacerse do seu lateral esquerdo, prantase só na área, e bate o gardamallas local de forte disparo cruzado, poñendo o 0-3.

Semellaba a sentencia, pero nada máis lonxe da realidade, pois tras un doble remate na área pontesa ó porteiro acabaselle escurrindo o balón que vai ó fondo das mallas, significando o 1-3, e pouco despois un inoportuno rebote do balón no corpo do árbitro acabou propiciando unha contra na que o dianteiro local case marca de vaselina ante a saída do porteiro.

Cun tiro ó poste de Sergio púxose fin ó partido e o CD As Pontes Infantil consigue a Copa Afaco, título que xa conseguira tras gañar ó Narón 7-0 en 2013, ó Cedeira 2-1 en 2014, e ó Cariño 5-0 en 2015, ademáis de dous trofeos en Xuvenil e un no Feminino.

As categorías inferiores do CD As Pontes suman 6 Ligas e 1 Copa de Ferrol Xuvenil, ademais de 2 Copas Afaco, tamén 5 ligas e 5 Copas de Ferrol en categoría Cadete, outras 9 Ligas e 9 Copas de Ferrol, ademais de 4 Copas Afaco, en categoría infantil, 12 Ligas e 11 Copas ferrolás en Alevín, 2 Ligas Benxamíns, 2 Ligas Prebenxamíns, e o feminino suma 1 Liga Comarcal e 1 Copa Afaco.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén