Inauguración Campo Herba Artificial

O Concello de As Pontes inaugurará o vindeiro domingo, 17 de febreiro, ás 12:00 horas, o campo de céspede artificial do Poboado coa disputa dun encontro de veteranos do Club Deportivo de La Coruña e o Real Celta de Vigo.

Homenaxe a Evaristo Puentes Durán

Neste mesmo acto, o goberno local renderalle homenaxe a Evaristo Puentes Durán, falecido fai cinco anos e que fora, durante máis de tres décadas, coidador das instalacións deportivas do Poboado, encargado do material do club de fútbol de As Pontes e masaxista.

Jesús Tembrás, concelleiro de Deporte e Xuventude, apunta que “a través desta homenaxe queremos recordar o compromiso, o traballo e a dedicación dunha persoa moi vencellada ó deporte local, en especial ó fútbol, e que tanto fixo polo mantemento dunhas instalacións das que, a partir do domingo, poderemos gozar todos os ponteses e pontesas, completamente renovadas”.

Chamamento os socios 

Dende o CD As Pontes, queremos facer un chamamento ós socios do clube, así como a todolos afeccionados ó futbol de As Pontes, a que acudan a renderlle a homenaxe que se merece Evaristo Puentes Durán, e para disfrutar de dous grandes equipos que estarán en As Pontes o vindeiro domingo.

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2019 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén