LGX. CD As Pontes 0 – EF Lalín 2

Gran partido nos xuvenis no retorno ó Poboado da Liga Galega Xuvenil, a pesar do resultado.

O partido foi claramente dominado polos nosos nunha grandísima primeira parte na que enviaron ata tres balons os paos, e tiveron outras 3 grandisimas ocasions de gol, pero a pelota non quixo entrar e foronse ó descanso con empate a cero.

No inicio da segunda parte, na primeira chegada con perigo dos lalineses Eloy poñiaos por diante, tras aproveitar un rexeite tras unha grandísima parada do noso porteiro. Os nosos nesta segunda parte afectuolles o gran esforzo da primeira e as altas temperaturas, pero ainda así non baixaron a cabeza e foron polo empate, enviando esta vez dous balons os paos, pero foron os de Lalín, de novo Eloy, os que nunha contra gañaballe a partida á defensa e facía o 0-2 definitivo.

De aí ata o final os nosos seguiron intentandoo pero non lograrían acurtar distancias.

A vindeira xornada viaxan ata Santiago para visitar ó CD Conxo “B”

Xogaron

CD As Pontes: Brais, Fraga (Carlos), David (David F.), Pablo, Breijo, Estevo, Oscar (Vicente), Chema, Cristian (Dani), Vilela e Jandro

EF Lalín: Catalin, Marco, Adrián, Cristian, David, Eloy (Alex), Daniel, Joseph (Joseph), Xabier (Francisco), Juan Carlos (David) e Iker

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén