LGX. CD Conxo “B” 0 – CD As Pontes 1

Primeira victoria do Xuvenil “A” en liga galega xuvenil, frente o CD Conxo “B” de Santiago de Compostela.

Tarde moi calurosa a que se viviu no Campo da Mercé en Conxo e que fixo necesario un parón en cada tempo para que os rapaces poideran hidratarse.

Comezou o partido moi igualado con chegadas de ambos equipos pero sin moito perigo. No minuto 26 chegou a xogada que marcaría o partido, a expulsión de Pablo xogador do Conxo por unha agresión a Matías. A partir de ese momento o encontro foi dominado polos nosos, pero sin grandes ocasions de gol, salvo unha de Cristian que tras encarar ó porteiro, éste rexeita o balón e o propio Cristian recolle o rexeite e remata fora.

Xa na segunda metade, foi un acoso dos nosos que dispuxeron de grandes ocasións de gol, pero que non podían concretar ata que Óscar foise en velocidade do seu par e anotou o único gol do encontro. A partir de ahí dispuxeronse de grandes ocasions para sentenciar, sobre todo unha de Estevo que engancha unha bolea no borde da área e o porteiro fai unha gran parada. Pero a millor ocasión foi para os santiagueses que marraron un penalti cometido por Breijo, tras golpear o balón coa man cando xa se colaba na portería, o que lle acarrearía a expulsión, pero Brais pararía o penalti. E con mais sufremento do necesario chegouse o final do encontro e lograrouse a primeira victoria.

Xogaron

CD Conxo “B”: David, Pablo, Martín (Iago García), Jorge, Javier, Manuel, Alberto (Iago), Diego, Jonathan, Pablo, Brais (Schadrac)

CD As Pontes: Brais, Matías, David, Pablo, Breijo, Estevo, Óscar (Carlos), Chema (Fraga), Cristian (Dani), Vilela, Jandro (Álvaro)

Goles: 0-1 Óscar minuto 68

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén