LGX. Debut do xuvenil en liga galega

Na mañá do pasado sábado os nosos xuvenis debutaron na liga galega xuvenil na Coruña fronte o Atletico Coruña Montañeros.

Foi un encontro moi disputado no que os nosos empezaron causandolles problemas ós coruñeses entrando por ambos bandas, nunha delas Oscar enviou o balón o pao, tras un posible penalti. Pero no minuto 9 de encontro foi Jandro o que consigueu o 0 – 1 para os nosos tras un forte disparo dende a frontal do área. Pero durou pouco a alegría xa que 3 minutos despois foi Iván o que puxo o empate no marcador para os coruñeses. No mínuto 25 de encontro ocorre a xogada que cambiaría o encontro, Jandro vaise dos seus marcadores e cando se dirixe hacia portería, o porteiro sae da área e derriba a Jandro. O porteiro foi expulsado, pero Jandro acabou lesionado en esa xogada tendo que entrar Brais Dovale no seu lugar. Antes de finalizar esta primeira mitad, Brais Mariño detivo un penalti moi riguroso pitado en contra.

Xa na segunda parte os coruñeses facían no minuto 69, obra de Marcos o 2-1, que poñía o encontro moi costa arriba. Os nosos tiveron que subir liñas para ir polo empate o que conseguirían no minuto 93, tras convertir Chema unha falta directa ó borde da área.

Bo debut dos nosos ante un gran rival como e o Atletico Coruña Montañeros.

Atletico Coruña Montañeros: Cristian, Carlos, Iago, Ander, Martín, Oscar, Diego, Marco, Alejandro E., Iván e David. Tamén xogaron Adrián, Óscar, Marcos, Joaquín e Alejandro.

CD As Pontes: Brais M., Carlos, David, Pablo, Breijo, Estevo, Oscar, Chema, Dani e Jandro. Tamén xogaron: Brais D., Fraga, Cristian e Matias.

 

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén