O CD As Pontes segue a apostar pola continuidade

A dirección deportiva do CD As Pontes continúa a traballar no perfilado da primeira plantilla de cara á vindeira tempada.

Agardando a chegada de posibles novas fichaxes, polo momento o clube céntrase na continuidade dos xogadores que na derradeira tempada rendiron a gran nivel e colocaron ó conxunto azul nas portas do ascenso directo.

Nesta ocasión os renovados son os centrocampistas Pablo Ramos, Alfredo Navarro “Fidi” e Adrián Martínez, e o dianteiro Rubén Pardo.

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén