OS XUVENÍS E OS EQUIPOS BASE

Os xuvenís e os equipos de base

O EQUIPO XUVENIL

Un ano despois da federación do Calvo Sotelo, o Club decide crear o conxunto xuvenil con mozos da localidade a adestrados por Vicente Rodríguez Cao.

Lamentablemente, a ausencia dun arquivo no Club nos primeiros 25 anos e a escasa información que aparecía na prensa naqueles anos, non temos constancia de resultados e clasificacións das competicións nas que participaba o cadro xuvenil do Calvo Sotelo.

Non se puideron conseguir datos das competicións dos anos sesenta, pero afeccionados e xogadores recordan que case sempre o equipo xuvenil pontés clasificábase en segunda ou terceira posicións, posto que o título era case sempre para o Racing de Ferrol, equipo con máis posibilidades para ter un bo plantel.

Outros equipos daquela época eran, ademais do Racing de Ferrol, o Ferrándiz, Canido, Bertón, Libunca, Galiano, Esteiro, Galicia de Caranza, Eume Deportivo, Barallobre, a maioría de Ferrol. Na década dos anos setenta apareceron clubs como Perlío, Limodre, Piñeiros, Cedeira, Cultural de Maniños, Ortigueira, Rápido de Neda, Mercantil de Xubia, etc.

No inicio dos anos setenta o equipo xuvenil foi subcampión sucesivamente nas ligas de segunda categoría nas temporadas 1970/71, 1971/72 e 1972/73, por detrás do Racing de Ferrol. Os primeiros títulos tamén chegaron de maneira consecutiva, con tres campionatos da liga comarcal nas temporadas 1980/81, 1981/82 e 1982/83.

O equipo xoga tres temporadas seguidas na Liga Galega (1983/84, 1984/85 e 1985/86), chegando ás semifinais da Copa de Galicia da temporada 1983/84, onde é eliminado polo Compostela Atlético (3-0 en Santiago e 1-1 no Poboado). Na temporada 1986/87 volta á competición comarcal logrando os títulos de liga e copa (gañando na final ó Meirás por 2-1). Retorna por un ano á Liga Galega na 1987/88 e na seguinte (1988/89) o equipo conquista a Liga Comarcal tras quedar por diante do Meirás, e o subcampionato de copa, final que perde ante o Galicia de Mugardos (2-0) e disputada no campo do Ramo, de Barallobre.

Dende a temporada 1989/90 a 1993/94 milita na Liga Galega, chegando a quedar dous anos en sexta posición (1990/91 e 1991/92), acadando o primeiro título galego na temporada 1993/94 cando queda campión da Liga Galega, nun axustado final fronte a Os Amigos (Ferrol) e Bergantiños, ós que superan nun e dous puntos, respectivamente. As tres temporadas seguintes permanece na Liga Nacional (1994/95 a 1996/97), chegando a alcanzar o quinto posto (1995/96).

Novamente o equipo descende á Liga Galega na que está dende a temporada 1997/98; ocupando as primeiras prazas, terceiro en 2000/01 (a un punto do ascenso), cuarto na 2004/05, quinto en 1998/99 e 1999/2000, sexto na 2001/02, ata que na temporada 2005/06 acada o subcampionato de liga empatado a puntos co campión Lalín, retornando de novo á Liga Nacional.

O maior logro do cadro xuvenil do As Pontes alcanzase na temporada 2006/2007 co ascenso á División de Honra, a máxima categoría do fútbol xuvenil estatal, despois de quedar cuarto por detrás do Deportivo da Coruña B, Real Club Celta B e empatado a puntos co Pontevedra. Por debaixo clasificáronse equipos de cidades como Ourense, Ferrol e Lugo. Precisamente conséguese o ascenso despois de vencer por 3-1 ó Racing de Ferrol no derradeiro partido da liga disputado no Campo do Poboado, que rexistrou unha boa entrada de afeccionados a pesar de ser un partido de categoría xuvenil.

Na súa estancia na División de Honra (2007/08) o equipo consigue 21 puntos e enfrontase a canteiras de grandes clubs como o Deportivo da Coruña, Celta de Vigo, Real Oviedo, Racing de Santander ou Sporting de Gijón. Regresa á Liga Nacional na que permanece ata a 2010-11, e actualmente compite na Liga Galega, conseguindo na temporada 2009/10 a Copa Afaco tras vencer na final disputada no campo de San Sadurniño ó Numancia de Ares por 4-2.

EQUIPO CADETE

O conxunto cadete créase na temporada 1990/91, debutando en competición oficial co subcampionato de liga e copa, sendo o Meirás e o Galicia de Mugardos os gañadores. Volve a acadar a segunda posición nas dúas competicións da temporada 1991/92, logrando os dous títulos o Meirás.

Na temporada 1992/93 volve a quedar segundo na competición de liga, por detrás do Eume Deportivo, conseguindo a primeira copa despois de vencer na final ó Val (1-0). Na temporada 1993/94 logra o primeiro campionato de liga por diante do Perlío. Pero o maior fito desta temporada é o subcampionato galego tras perder na final contra o Arousa (2-1), encontro disputado no campo do Castro, de Carral.

O equipo está na Liga Galega de 1994 a 1997. No retorno á competición comarcal en 1997/98 consegue a liga por diante do Perlío, pero perde a copa nos penaltis co Narón BP. Na 1998/99 alcanza os dous subcampionatos, en ambos, por detrás do Eume Deportivo, no torneo da regularidade empatados a puntos.

Gran temporada a de 1999/2000, xa que se gaña a liga con pleno de vitorias e a copa ó Narón BP (3-1). Ascende novamente á Liga Galega en 2000/01, categoría na que permanece ata a temporada 2005/2006, con sextos postos en 2001/02, 2002/03 e 2003/04 e unha quinta posición na temporada 2004/05.

Na temporada 2006/07 acada o título de liga tras quedar por diante do Racing de Ferrol B e a copa ó gañar nos penaltis ó Cedeira. Na 2007/08 proclámase campión de copa ó vencer na final ó Galicia de Caranza (1-0). Ó ano seguinte novamente acada outro título de liga nun axustado final co Galicia de Caranza e Cebarca, título que se decide na derradeira xornada de liga tras golear (0-9) en Ares ó Numancia.

Boa temporada tamén a 2010-11 na que queda segundo clasificado en Liga a tres puntos do Galicia de Caranza e perde a final de copa ante O Val por 1-3.

Na 2012-13 perde a final da Copa Afaco, outra vez ante o cadro valexo e polo mesmo resultado, 1-3.

EQUIPO INFANTIL

Aínda que o conxunto infantil xa existía dende 1977, as primeiras referencias do equipo son o subcampionato de liga na temporada 1980-81, na que se proclama campión o Cultural de Maniños, cun punto sobre o Endesa.

Logo de tres temporadas nas que non houbo equipo infantil nin alevín, a primeira liga chega na temporada 1984/85, con pleno de vitorias, e o primeiro título de copa na temporada 1986/87. En 1988/89 pérdese a final de copa ante o Galicia de Mugardos. Na 1991/92 logrando os dous subcampionatos, sendo o campión o club de Meirás, na copa nos penaltis.

Temporadas gloriosas son as de 1993/94, 1994/95 e 1995/96, con senllos dobretes, gañando as competicións de liga por diante do Perlío, Numancia de Ares e Eume Deportivo, e gañando nas finais de copa ó Cedeira (por penaltis), Eume Deportivo (6-1) e Meirás (4-0), respectivamente. Hai que salientar que na temporada 1995/96 o cadro infantil do Endesa As Pontes gañou os trinta partidos disputados, 14 de liga e 16 de copa, perdendo tan só un partido na fase galega de campións.

 En 1996/97 queda segundo en liga empatado a puntos co Eume Deportivo, pero resárcense gañando na copa ó Val por tres goles a cero. Repítese outro dobrete á seguinte temporada (1997/98), desta vez son os ponteses os que gañan a liga cos mesmos puntos que o Eume Deportivo, equipo ó que tamén gañan na final de copa (3-1).

Na 1998/99 o equipo gaña a liga con vitoria en tódolos partidos, pero perde a copa ante o Narón BP (5-2). Tamén consegue a liga de 1999/2000 e fai  dobrete de liga e copa en 2000/01, cedendo só un empate no torneo ligueiro e logo de vencer na final de copa ó Perlío (3-1) nun torneo con pleno de vitorias.

O equipo ascende ese ano á Liga Galega, categoría na que permanece catro temporadas seguidas, ata a de 2004/05. No retorno á competición comarcal, en 2005/06 e 2006/07, o cadro infantil logra o subcampionato de liga, nas dúas temporadas por detrás do Galicia de Caranza e Portuarios. Na temporada 2009/10 o equipo gaña a competición de liga despois de vencer nos dezaoito partidos disputados, clasificándose para a fase de ascenso.

Na 2010-11 o equipo proclámase subcampión de liga con cinco puntos por detrás do Narón.

Reverdece laureis o equipo infantil no 2012-13 nun ano glorioso no que se consigue gañar a Copa Comarcal, despois de eliminar a todo un Racing de Ferrol na primeira fase e vencer na final nos penaltis ó Portuarios. Tamén se consegue a Copa Afaco tras vencer 7-0 ó Narón, e o subcampionato de Liga, só dous puntos por detrás do Racing de Ferrol, e xogase a fase de ascenso.

EQUIPO ALEVÍN

A existencia do equipo alevin foi parella coa do infantil. Aparece por primeira vez na temporada 1977/78 con Servando Filgueiras como adestrador. Consegue a súa primeira Liga tras quedar un punto por diante do Perlío na tempada 1979/80. En 1985/86 obtén o título de copa e o subcampionato de liga, sendo o Cedeira o que acada o título.

Logra o subcampionato de liga e copa na temporada 1986/87 tras o Cultural de Maniños e Barallobre, respectivamente. É campión de liga e copa en 1988/89 tras vencer ó Piñeiros na liga e na final de copa. Na 1991/92 gañase a liga por diante do Galicia de Mugardos, pero pérdese a copa co Barallobre (1-2).

Chegan temporadas gloriosas para o conxunto alevin do Endesa As Pontes co dobrete na 1992/93, despois de  quedar por diante do Eume Deportivo e vencer na final de copa ó mesmo equipo (3-0). En 1993/94 consegue a liga con pleno de vitorias, perdendo a copa nos penaltis ante o Eume Deportivo.

Outro dobrete chega na 1994/95, quedando por diante do Cedeira, equipo ó que tamén gañan na final de copa (4-0). Na temporada 1995/96 queda subcampión de liga e logra o título de copa ante o Eume Deportivo (5-1). En 1996/97 proclámase subcampión de copa tras perder na final ante o Narón BP.

Na temporada 1997/98 o conxunto alevín logra o segundo posto na liga empatado a puntos co campión Narón BP, a pesar de perder un so partido, pero gañan a copa ó campión da liga (2-1). En 1998/99, o conxunto alevin acada o subcampionato de liga por detrás do Narón BP e consegue a copa ante o Eume Deportivo (2-0). Na 1999/2000 derrota na final de copa ante o Eume Deportivo na quenda dos penaltis e o subcampionato de liga, cun punto por detrás dos de Pontedeume. Na temporada 2000/01, vitoria na final de copa (4-0) ante o Rápido de Neda.

Dobrete glorioso nas competicións de 2001/02, con triunfo en liga cedendo tan so un empate e unha contundente vitoria na final da copa, 7-0 ó Narón BP. Na 2002/03 subcampionato de Liga por detrás do Eume Deportivo e outro título  de copa ó vencer na final ó Ánimas de Ferrol (3-2).

Na temporada 2003/04 derrota nos penaltis na final de copa ante o Eume Deportivo, despois de rematar o partido con empate a catro goles. Triunfo na liga de 2004/05 empatado a puntos co Portuarios. Na competición de 2007/08, segundo posto na liga nunha dura loita con Portuarios, que foi o campión, e Racing de Ferrol, que se resolve por un punto a prol dos ferroláns. O último dobrete de liga e copa chega na temporada  2008/09, tras gañar a liga por diante do San Sadurniño e cun contundente triunfo (7-2) ante o Galicia de Mugardos na final de copa disputada no campo da Gándara de Ferrol.

Volve a gañar a Liga o equipo alevín na 2010-11, con catro puntos de renda sobre o Eume Deportivo.

 

EQUIPOS BENXAMÍN, PREBENXAMÍN E FEMININO

As competicións benxamíns e prebenxamíns son de recente fundación. Na categoría benxamín, creada no ano 2002, o máis destacado son os dous subcampionatos de liga nas temporadas 2006/07 e 2008/09, por detrás do Eume Deportivo e Portuarios respectivamente. Recentemente podemos destacar o triunfo do Benxamín A na Liga 2012-13, na que se impuxo con 4 puntos de diferenza sobre o Rápido de Neda. Os equipos de categoría prebenxamín créanse na temporada 2005/06, destacando os dous títulos de liga logrados nas temporadas  2006/07 e 2007/08.

A aparición do equipo feminino é moi recente, comezando a andar na temporada 2008/09, aínda que en 1996 existiu un conxunto feminino que participou en encontros amigables no verán. O cadro feminino, coa temporada 2012/13, xogou cinco anos na Segunda Autonómica destacando o seu quinto posto na campaña 2009/2010 e 2012-13 e os cuartos de final da Copa Galicia (2008/09). Contou cun segundo equipo, composto polas futbolistas máis noviñas que en 2010 quedaron campioas da Liga Comarcal por diante do Cariño e a temporada anterior foron terceiras. Hai que resaltar que dúas das xogadoras do equipo, Yaiza Paleo e Patricia Blanco, foron convocadas ós Campionatos de España coas seleccións galegas sub15 e sub16. Sen chegar a xogar no equipo feminino, outras dúas xogadoras, Raquel Béjar e Malena Mieres tamén foron convocadas pola selección galega, esta última foi bronce no Campionato de España Alevín do 2012. Actualmente o equipo feminino afrontará a 2013-14 cun equipo na Liga Comarcal.

O SEGUNDO EQUIPO

O As Pontes tamén ten un filial. Militou na Segunda Rexional, na tempada 1982/83, e entre as tempadas 1991/92 e 1994/95. O seu maior logro foron tres subcampionatos de Copa, 1991-92, tras caer na final ante O Val (1-0), 1992-93, derrota na final ante o Cedeira (2-0) e o máis recente en 2011-12 perdendo na final ante o Eume Deportivo 3-2 despois de ir gañando 0-2. A temporada de 2010/11 volveuse a crear un segundo equipo, que foi subcampión da Terceira Autonómica en 2010-11, por detrás do Galicia de Caranza, logrando o ascenso, e este 2012-13 foi segundo clasificado da Segunda Autonómica, dous puntos por detrás do AD Miño, e xogando a fase de ascenso.

 

A PROLÍFICA CANTEIRA PONTESA

No capítulo de futbolistas destacados saídos da canteira do CD As Pontes mención especial merecen Rochela e Adrián. David Rochela Calvo (19-2-1990) xoga de central e pasou por tódalas categorías inferiores da selección galega e da española dende sub15 ata sub19, sendo os seus maiores logros a consecución do Campionato de Europa Sub17 e o segundo posto no Mundial sub17 do ano 2007 coa selección española, torneos nos que xogou tódolos minutos. Desde a temporada 2009/10 debutou co primeiro equipo do Deportivo da Coruña no que sigue na actualidade, despois de xogar cedido na 2012-13 primeiro no Racing de Santander e despois do mercado invernal no Hapoel de Tel Aviv co que quedou terceiro clasificado na Liga Israelí.

Adrián López Rodríguez (25-2-1987), outro central xurdido da canteira pontesa, fillo do mítico defensa Quique que estivo no Endesa As Pontes dende a temporada 1984/85 ata 1989/90. Adrián xogou en tódalas seleccións galegas inferiores e tamén na selección galega absoluta, ademais de ser internacional español sub15 en 2002 e sub21 en 2007. Adrián estivo tres temporadas no primeiro equipo do Deportivo, disputando numerosos partidos en liga, copa e incluso na Copa da UEFA.  Militou durante tres temporadas no Wigan Athletic da Primeira División Inglesa, equipo co que foi campión da prestixiosa Copa Inglesa en 2013. Actualmente xoga na Liga estadounidense enrolado no equipo canadense do Montreal Impact.

Ó longo dos últimos vinte anos moitos futbolistas locais foron convocados á selección de Ferrol, e tamén un gran número deles á selección galega. De entre todos cabe destacar a convocatoria de Xoel González (1997) e Daniel Carballeira (2005) a un adestramento da selección española sub15.

Tamén Javier Rochela foi subcampión de liga e da copa de España xuvenil no ano 2005, xogando no Sporting de Gijón, nas dúas competicións foi campión o F.C. Barcelona.. Na temporada 2009/10 Diego Bermúdez conseguiu un histórico ascenso á Segunda División do fútbol español co equipo madrileño do Alcorcón, ademais de eliminar na Copa do Rei ó todopoderoso Real Madrid. Igualmente Diego Dopico xogou no Montañeros de Segunda División B e este ano xogará na mesma categoría co Racing de Ferrol, e o xuvenil Enrique Fornos, capitán da selección galega alevín e cadete, fichou polo RC Deportivo da Coruña no que aínda sendo cadete xogou no equipo xuvenil de División de Honra. O futbolista Chus Cañizares fichou recentemente para a tempada 2013-14 polo Deportivo da Coruña B, aínda que durante a pretemporada adestrou co primeiro equipo e incluso xogou catro partidos co primeiro plantel.

PALMARÉS

EQUIPO XUVENIL

División de Honra Española: Unha temporada (2007/08)

Liga Nacional: 7 Temporadas

Liga Galega: 20 Temporadas

Liga Comarcal: 26 Temporadas

Tútulos de Liga Galega: Campión  (1993/1994). Subcampión (2005/06, empatado a puntos co Lalín)

Títulos de Liga Comarcal: Cinco campionatos (1980/81, 1981/82, 1982/83, 1986/87, 1988/89). Subcampión en 1970/71, 1971/72 e 1972/73 e varios na década dos anos sesenta.

Títulos de Copa Comarcal : Campión en 1986/87. Subcampión en 1988/89

Título da Copa AFACO: Campión en 2009/2010

EQUIPO CADETE

Liga Galega:  9 Temporadas

Liga Comarcal:  11 Temporadas

Subcampión Galego 1993-94

Títulos de Liga Comarcal: 5 (1993/94, 1997/98, 1999/2000, 2006/07 e 2008/09). Subcampión en 1990/91, 1991/92, 1992/93, 1998/99, 2010-11

Títulos de Copa Comarcal: 4 (1992/93, 1999/2000, 2006/07, 2007/08). Subcampión: Cinco (1990/91, 1991/92, 1997/98, 1998/99, 2010-11)

Subcampión da Copa AFACO 2012-13

EQUIPO INFANTIL

Liga Galega: 4 Temporadas

Liga Comarcal: 26 Temporadas

Títulos de Liga Comarcal: 9 (1984/85, 1993/94, 1994/95, 1995/96, 1997/98, 1998/99, 1999/2000, 2000/01 e 2009/10). Subcampión: Sete (1980/81, 1991/92, 1996/97, 2005/06, 2006/07, 2010-11 e 2012-13)

Títulos de Copa Comarcal: 8 (1986/87, 1993/94, 1994/95, 1995/96, 1996/97, 1997/98, 2000/01 e 2012-13).

Subcampión de Copa Comarcal: 3 (1988/89, 1991/92 e 1998/99)

Título da Copa AFACO: Campión en 2012/2013

EQUIPO ALEVÍN

Títulos de Liga: 10 (1979/80, 1988/89, 1991/92, 1992/93, 1993/94, 1994/95, 2001/02, 2004/05, 2008/09 e 2010-11)

Subcampión de Liga: 8 (1985/86, 1986/87, 1995/96, 1997/98, 1998/99, 2000/01, 2002/03 e 2007/08)

Títulos de Copa: 11 (1985/86, 1988/89, 1992/93, 1994/95, 1995/96, 1997/98, 1998/99, 2000/01, 2001/02, 2002/03 e 2008/09

Subcampión de Copa: 6 (1986/87, 1991/92, 1993/94, 1996/97, 1999/2000 e 2003/04)

EQUIPO BENXAMÍN

Campión de Liga Comarcal 2012-13

Subcampión de Liga Comarcal:  2  (2006/07 e 2008/09)

EQUIPO PREBENXAMÍN

Campión de Liga Comarcal: 2  (2006/07 e 2007/08)

EQUIPO FEMININO

Campión da Liga Comarcal:  1 (2009/2010)

EQUIPO B

Subcampión de Copa 1991-92, 1992-93 e 2011-12

Subcampión de Liga 2010-11 e 2012-13

ADESTRADORES

Equipo B

Víctor Pellón Vivero Calpita (1982/83, 2010/11 e 2011/12, retirouse sendo substituído por Iván Rodríguez García)

Javier Vilaboy Dopico (1991/92 e 1992/93)

Fernando López Fernández Nando (1993/94 e 1994/95)

Iván Rodríguez García (2012/13)

 

Equipo xuvenil

Vicente Rodríguez Cao (1961/62 e 1962/63)

Celso Maltrana Aneiros (1963/64 a 1976/77)

Víctor Pazos Montero (1977/78)

Víctor Pellón Vivero Calpita (1978-86, 1987-88, 1993/2002 e 2003/2007)

Celso Roca Puentes (1986-87 e 1988/89, 1989/90, 1990/91 e 1991/92)

Javier Vilaboy Dopico (1992-93)

Miguel Alonso Naya Michel (2002/03)

Germán Amil Silva  (2007/2008)

Jose Carballo Martínez (2008/09, 2009/10, 2010/11, 2011/12 e 2012/13)

Equipo xuvenil B

Celso Roca Puentes (1987/88)

Carlos Mieres Fernández (2007/08)

Marcos Bouza Vérez/Marco Roca Ledo 2008/9 e 2009/10)

Javier González Cabarcos (2010/11 e 2011/12)

Equipo cadete

Víctor Pellón Vivero Calpita  (1990/91, 1991/92, 2008/09 e 2009/10)

Manuel Vilaboy Fidalgo (1992/93 e 1993/94)

Manuel Roca Puentes (1994/95, 1995/96 e 1997/98)

Javier Vilaboy Dopico (1996/1997, 2000/2001, 2001/02 e 2002/03)

Pedro Benito Zapata (1998/99)

Francisco Fresco Sierra (1999/2000 e 2004/05)

Manuel Beceiro García (2003/04)

Antonio Lourés Rebolo (2005/06)

Marcos Bouza Vérez (2006/08 e 2012/13)

Iván Rodríguez García (2010/11)

Marcos Bouza Vérez e Marco Roca Ledo (2011/12)

Equipo cadete B

Jorge Parajón Rodríguez (2001/02)

Equipo infantil

Víctor Pellón Vivero Calpita  (1977/78)

Manuel Vilaboy Fidalgo (1978/79 e 1979/80)

Guillermo González Rodríguez (1980/81)

Celso Roca Puentes (1984/85, 1985/86, 1992//93 e 1993/94)

Jose Manuel Rivera García (1986/87)

Manuel Roca Puentes (1987/88, 1988/89, 1989/90, 1996/97 e 1998/99)

Manuel Vilaboy Fidalgo (1990/91, 1991/92, 1994/95 e 1995/96)

Pedro Benito Zapata (1997/98)

Antonio Lourés Rebolo (1999/2000 a 2009/10)

Marcos Bouza Vérez e Marco Roca Ledo (2010/11)

Iván Rodríguez García (2011/12 e 2012/13)

Equipo infantil B

Antonio Lourés Rebolo (1989/90 e 1990/91)

Manuel Vilaboy Fidalgo (1998/99)

Manuel Beceiro García (1999/2000)

Equipo alevín

Servando Filgueiras Prieto (1977/78 a 1980/81)

Jose M. Rivera García (1985/86, 1986/87 e 1987/88)

Paulino Rojo Martínez (1988/89)

Víctor Pellón Vivero  Calpita (1989/90)

Manuel Roca Puentes (1990/91 a 1992/93)

Manuel Vilaboy Fidalgo (1993/94 e 1996/97 a 2001/02)

Antonio Lourés Rebolo (1994/95 e 2010/11))

Javier Vilaboy Dopico (1995/1996)

Jorge Parajón Rodríguez (2002/03, 2003/04, 2004/05, 2006/07 a  2009/10)

Jesús Fernández López (2003/04 e 2005/06)

José L. Fontao Rodríguez (2011/12)

Iván Leal Bouza (2012/13)

Equipo alevín B

Manuel Vilaboy Fidalgo (1985/86, 1988/89 e 1989/90)

Daniel González Del Pozo (2001/02)

Jesús Fernández López (2002/03 e 2006/07)

Jorge Parajón Rodríguez (2003/04 e 2010/11)

Óscar Ferreiro Piñeiro (2007/08 e 2008/09)

Iván Rodríguez García (2009/10)

Álex Antón Fernández (2012/13)

Equipo benxamín

Iago Vázquez López (2002/03 e 2003/04)

Javier García Salido (2004/05 a  2008/09)

Marcos Bouza Vérez (2009/10)

Antonio Pita Seco (2010/11, 2011/12 e 2012/13)

Equipo benxamín B

Antonio Pita Seco (2007/08 e 2008/09)

Antonio Prieto Carballeira (2009/10)

Antonio Prieto Carballeira Toni (2010/11 e 2012/13)

Álex Antón Fernández (2011/12)

Equipo prebenxamín

José Carballo Martinez (2005/06 e 2006/07)

Ivan Leal Bouza (2007/08)

Rubén Sanjurjo Fernández Piru (2008/09)

Santiago Rouco Corral (2009/10)

Antonio Prieto Carballeira Toni (2011/12)

Rubén Rivas Abella (2010/11 e 2012/13)

Equipo prebenxamín B

Antonio Pita Seco (2006/07)

Daniel Fernández Ramil (2007/08)

Santiago Rouco Corral (2008/09)

Alejandro Antón Fernández (2009/10 e 2010/11)

Rubén Rivas Abella (2011/12)

Hugo Filgueiras Hermida (2012/13)

Equipo feminino

Javier García Salido (2008/09, 2009/10, 2010/11, 2011/12 e 2012/13)

© Antón Ferreiro

© Xosé Antón Ferreiro

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén