PG. Arzua 1 – CD As Pontes 2

Gran victoria dos nosos, na tarde do sábado ante un rival como o Arzua, que ó igual que o CD As Pontes contaba os seus encontros por victorias.

O encontró comezou moi ben para os nosos, xa que no minuto 6 de encontro Dani poñía por diante os nosos tras un pase de Rubén Pardo. A partir de ese momento tras uns intres de calma, o Arzua foi polo empate subindo a sua presión a todo o campo. E o empate chegou a través dun penalti sinalado a Sergio, moi riguroso, cometido sobre o ex xogador pontés Adrián, o cal transformou Hurtado. Sin sobresaltos para as duas porterías chegaríase o descanso.

Na segunda parte os nosos tiveron moita mais posesión de balón o que castigou físicamente os de Arzua. No minuto 65 Rubén Pardo tras un pase de Carlos, remata a porta valeira e fai o definitivo 1-2. De aquí ó final cabe destacar una grandísima intervención de Paco a un tiro dende o interior da área e unha gran ocasión Ruben Pardo que rematou fora.

En definitiva grandísima victoria e 3 puntos mais, o que fan xa 9 o que nos coloca lideres da tabla, antes de recibir o vindeiro domingo ás 18:00 horas no Poboado ó Atletico Arteixo.

Arzua: Tasende, Diego, Juanjo, David, Alvaro, García, Brais, Suso, Hurtado, Adrián e Enjamio. Tamén xogaron, Carril, Damián, Miguel e Rober

As Pontes: Paco, Sergio C, Alex C, Rego, Alex S., Dani, Adrián, Bossa, Carlos, Fidi e Rubén Pardo. Tamén xogaron, Pablo Ramos, Traba e Trillo.

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén