PG. CD As Pontes 4 – Atletico Arteixo 0

Gran victoria a acadada polo noso primeiro equipo ante o Atletico Arteixo, un dos equipos que está chamado a loitar polo ascenso de categoría.

Os nosos dominaron o encontro de principio a fin e xa ó pouco de iniciar o encontro Dani enviaba o balón contra o pao da portería defendida por Hevia e o rechace recolliao Fidi e sacaboa baixo paos un defensa. Pero no minuto 14 de encontro tras un balón en largo que lle envía Bossa a Rubén Pardo por banda dereita, éste faise co balón e internase na área e vaise de dous defensores e anota ante a saida de Hevia. Xa no minuto 43, e outra vez Rubén Pardo o que se interna, esta vez por banda izquierda, e cede a Dani para que éste faiga o 2-0 co que se chegaría ó descanso.

No segundo tampo seguíu a tónica do primeiro, no que o CD As Pontes tiña o control do xogo e o Atletico Arteixo tentaba recurtar distancias, pero no mínuto 79 de encontro tras unha grandísima xogada convinativa de todo o equipo, Alex Cabarcos internase por banda izquierda e Rubén Pardo fai o seu segundo gol da tarde e pon o 3-0 no marcador. E no minuto 88 tras unha xogada similar que no terceiro gol, esta vez Alex Cabarcos, cede a Quique para éste faiga o definitivo 4-0.

Na vindeira xornada volven xogar no Poboado fronte o San Tirso, o domingo ás 18:00 horas.

Xogaron

CD As Pontes: Paco, Sergio, Alex Cabarcos, Rego, Alex Sanchez (Martín), Dani (Pablo Ramos), Adrian, Bossa, Carlos (Quique), Fidi (Trillo) e Ruben Pardo

Atco. Arteixo: Hevia, Isaac, Otero (Denis), Castro (Montes), Geri, Rivas (Cancilleri), Dapo, Ayaso, Rubén, Lista (Rebollo) e David

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén