PG. CD As Pontes 6 – San Tirso 0

Nova victoria do primeiro equipo do CD As Pontes, nesta ocasión ante o San Tirso.

Poñianse de cara as cousas no minuto 16 de encontro con gol de Rubén Pardo, tras centro de Pablo Ramos. No minuto 30 e Ruben Pardo o que despois de irse do seu marcador cede a Carlos, para que este poña o 2-0 no marcador. Sin tempo para celebralo de novo e Ruben Pardo e quen marcha do seu marcador i e en esta ocasión Quique o que remata e fai o 3-0. Catro minutos despois Rubén Pardo tras forte disparo dende o frontal da área fai o 4-0. No minuto 43, tras un centro de Alex, Dias despexa coa man e o colexiado pita penalti que transforma Bossa para poñer o 5-0 co que se chegaria ó descanso.

A segunda parte non tivo color, de claro dominio dos nosos e que no minuto 74 de encontro Trillo facía o definitivo 6-0, tras unha gran vaselina ante a saida do porteiro.

Tres puntos mais que non fan seguir invictos, antes de viaxar a Ordes a vindeira xornada

Xogaron

CD As Pontes: Paco (Pelayo), Pablo Ramos, Alex (Sergio), Rego, Martín, Carlos (Trillo), Bossa, Quique (Erni), Fidi, Rubén Pardo (Alex Sanchez)

San Tirso: Lameiro, Afonso, Dias, Madero, Freire, Roo, Álvaro Rey, Oscar, Dani González, Alvite, David Prieto

Goles: 1-0 Rubén Pardo (17), 2-0 Carlos (30), 3-0 Quique (32), 4-0 Rubén Pardo (36), 5-0 Bossa (43), 6-0 Trillo (74)

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén