PREFERENTE NORTE. BETANZOS CF 0 – CD AS PONTES 2

PREFERENTE NORTE. BETANZOS CF 0 – CD AS PONTES 2

O As Pontes sitúase a dous puntos dos postos de ascenso antes de recibir ó líder Paiosaco.

Gran triunfo do As Pontes 0-2 nun terreo complicado coma o do histórico Betanzos. Nun encontro no que voltaban á que fora a súa casa Marco Roca e Carballeira, o partido foi de dominio alterno nos inicios ata que o As Pontes se foi facendo co mando do encontro co paso dos minutos, mentres os locais se ían botando cara atrás.

Antes do descanso sinalar dúas ocasións claras de Quique, unha na que se vai só e o seu remate parao o porteiro (25´), e na outra despexa un defensa xusto antes de que remate na área pequena (33´), e tamén de Carballeira, que non acertou a rematar dous servicios de Ramos (28´) e Bossa (32´). A única aproximación de perigo local chegou nun balón que se lle escapou a Patiño cando encaraba só a Paco (29´).

No inicio do segundo tempo abriu a lata o equipo azul nunha xogada de estratexia. Sirvella Bossa a Quique e o xogador de Ares marca de forte disparo dentro da área (53´). Si ben é certo que puideron empatar os locais na xogada posterior na que Pablo Blanco queda completamente só e acaba salvando Paco (55´), Roca tirou de extratexia e sacou ao campo a toda a artillería, Iglesias, Pardo e Fidi, cando máis canso estaba o equipo local, e funcionou.

Puido facer o segundo Iglesias, cando un bo pase de Fidi o deixou só, pero sorprendentemente mandou o balón a rentes do pau (63´). Pero pouco despois o propio Iglesias marcha por banda esquerda, centra a área, recolle o balón Pardo, quiebra ó defensa e acaba marcando de forte disparo por alto (67´).

De aí ó final o Betanzos buscaba recurtar distancias con máis corazón que cabeza, e o As Pontes buscaba as contras para sentenciar, e de feito un disparo de Pardo marchou por pouco por riba do escuadro (81´), ou unha boa xogada de equipo acabaa rematando Toni por alto (82´).

Sen tempo para máis o As Pontes suma 67 puntos e sitúase a dous dos postos de ascenso, recibindo ao líder Paiosaco a vindeira semana nun encontro no que se agarda unha gran entrada. Resaltar que Dani, habitual defensa e medio centro viu o primeiro cartón da campaña nesta xornada 34. Sétimo triunfo pontés no García Hermanos, por dous empates e oito triunfos locais.

0 Betanzos CF. Cedrón, Hugo, Señarís (Taín 66´), Pipo, Carneiro, Christian, Mon (Artai 50´), Jorge, Pablo Blanco (Nico 78´), Martín (Andrés 78´), Patiño.

2 CD As Pontes. Paco, Ramos, Alex, Rego, Maroñas, Dani, Martínez, Bossa (Toni 80´), Carba (Iglesias 56´), Quique (Pardo 56´), Troncho (Fidi 56´).

Goles: 0-1, Quique (53´), 0-2, Rubén Pardo (67´).

Árbitro: Rubén Pérez Martínez (Ourense). Auxiliado nas bandas por Pérez Dapia e Llorente Cuesta. Amarelas a Señarís, Patiño, Christian, Andrés, e Dani.

Campo e incidencias: Campo García Hermanos. Uns 150 espectadores en tarde moi chuviosa por momentos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro