PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – CD CASTRO 1

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 1 – CD CASTRO 1

O As Pontes salva un punto no desconto cun golazo de Bossa

O As Pontes salvou un punto no desconto no encontro disputado na tarde deste domingo no Poboado. Non conseguiu o Castro asaltar o feudo pontés en encontro oficial, que se salda cun histórico de catro triunfos locais, por tres empates.

O partido foi moi disputado entre dous bos conxuntos, se ben as mellores ocasións foron polo bando local. Voltaban ó Poboado Iván González e Diego Núñez, e comezaba o partido cun saque de falta de Bossa moi axustado ó lateral da rede (6´), e un remate de Pardo por riba a pase de Quique (8´). Responderon os visitantes cun centro de banda a banda, que remata cruzado Álvaro (10´).

Un balón que non consigue despexar Yebra, non o aproveita Alex, que remata moi desviado (11´), precedeu á mellor ocasión polo bando local. Nun balón que lle cede Quique a Iglesias, que avanza, remata cruzado o dianteiro de Agolada, pero o balón, co porteiro xa batido, vai ó poste e pasease pola portería acabando por atallalo Yebra (17´).

Comezaba apretando no segundo período o As Pontes, e, tras un bo centro de Roberto, cabecea por riba do longueiro Pardo (51´). A mellor ocasión sen dúbida chegou cando Pardo fai unha boa xogada por banda esquerda, na que arrastra aos defensas, cédelle o balón a Quique, quen so diante de Yebra manda o balón por alto (53´).

Responderon os visitantes tras un balón que perde Martíneze no que Iván González chega a liña de fondo e cede cara atrás para que Omar remate por riba da porta local (54´), e voltou ter outra o conxunto azul, nun balón que controla Quique, de costas na área pequena, cede atrás e Roberto remata fora (58´).

O que perdoa acaba pagando, e nunha contra, tras centro dende banda dereita de Fernando, chega completamente só o segundo pau Álvaro, que neste caso non perdoa e bate por baixo a Kiko (67´).

Foi o As Pontes a rescatar tan sequera un punto, necesitando algún revulsivo que acompañe a Iglesias na punta de ataque, e dispuxo de algunha que outra ocasión, como un disparo de Fidi moi axustado ó lateral do poste (72´), ou unha cabezada de Iglesias que sae a rentes do pau (82´).

Entremedias tamén tiveron a súa os visitantes nun balón que lle pasa por riba a Criado, controla Marino, e manda o balón por riba do escuadro (78´). Pero foi co tempo xa cumprido, que nunha falta ó borde da área, o Mago de Viveiro, coa súa luva, colou o balón polo escuadro a onde non puido chegar Yebra (91´).

Tralo gol foi expulsado Omar (92´), e aínda o tentou o cadro local ata o pitido final, incluso tivo unha ocasión nos pes de Ramos, pero non quixo rematar de primeiras, desbaratando o perigo o cadro vermello. Sen tempo para máis, o As Pontes é cuarto con 45 puntos, antes de visitar ó Ordes, noveno con 36.

1 CD As Pontes. Kiko, Martínez, Alex, Maroñas, Dani, Roberto (Criado 74´), Quique (Ramos 65´), Bossa, Iglesias, Fidi (Troncho 87´), Pardo.

1 CD Castro. Yebra, Fernando, Javicho, Ruchi, Dumi, Núñez, Iván (Fraga 78´), Marino, Omar, Edrosa (Nacho 84´), Álvaro (Igor 87´).

Goles: 0-1, Álvaro (67´), 1-1, Bossa (91´).

Árbitro: Rubén Pérez Martínez (Ourense). Auxiliado nas bandas por Pérez Dapia e Varela Valle. Amarelas, por un bando a Martínez, Alex, Roberto, Pardo, e polo outro, Fernando, Ruchi, Edrosa e Álvaro. Viu a segunda amarela Omar, expulsado no 92´.

Incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores, moitos visitantes.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén