PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 3 – SAN TIRSO SD 1

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 3 – SAN TIRSO SD 1

Sufrida vitoria e tres importantes puntos do As Pontes ante o equipo de Abegondo

Triunfo do As Pontes nun encontro máis apretado do que indica o marcador final, e iso que eran os locais os que comezaron chegando con perigo, e así, un pase dende banda de Quique despexao o defensa antes de que empale Iglesias (4´), ou nunha gran saída de Maroñas acaba rematando por alto Iglesias (8´).

Máis foi o San Tirso o que tivo a ocasión máis clara e tras unha contra que pillou despistado ó equipo local é Álvaro Rey quen chega completamente só por banda dereita, e o disparo do xogador de Cabanas, ex do As Pontes a campaña pasada, desvíao milagreiramente a córner Kiko (13´).

Tamén puido marcar o As Pontes nunha falta de Bossa (21´), e sobre todo nunha gran internada de Pardo que remata Fidi con marchamo de gol, e salva un defensa (27´). Pero voltouna a ter Álvaro nun balón que lle rouba a Martínez dentro da área, e o propio xogador de Monte Alto despexa cando este encaraba a Kiko (35´).

Non atopaba o gol o As Pontes ata que xusto antes do descanso nun balón en profundidade, recolleo só Pardo e marca de forte disparo ó primeiro pau (45´). Así se chegaba ó descanso, e trala reanudación, a un forte disparo de Ares que despexa Kiko (46´) respondeu o cadro azul cun centro de Criado que remata alto Pardo (48´).

Foi pouco despois, tras un pase en profundidade que Adrián Iglesias remata, despexa Lameiro, e Pardo adiantáse a dous defensas para conseguir empurrar o balón a porta baleira (50´). Semellaba case a sentencia, pero nada máis lonxe da realidade, pois o equipo de Abegondo viuse arriba e encerrou ó As Pontes.

Tras unha cesión cara atrás, Kiko sacouse de enriba o balón como puido (63´), Dani despexa un balón moi perigoso apuradamente coa cabeza (69´), e sobre todo, un riguroso fora de xogo deixou sen validez o gol de Xian, que quedou completamente só por banda esquerda e bateu por baixo a Kiko (65´).

Logo foi o As Pontes o que buscou a sentenza, aparecendo só na área Pablo Ramos, pero remata ó boneco, salvando Lameiro (77´). Tras unha boa internada de Pardo por banda esquerda, que remata Sergio ó lateral da rede chegando só ó segundo pau (81´), chegou o terceiro local. É Iglesias o que queda só, e con tranquilidade bate por baixo a Lameiro poñendo o 3-0 e o seu noveno gol da campaña o de Agolada.

Non se rendiu o cadro de Abegondo e Kiko desviou milagreiramente a un lateral un perigoso disparo de Xián (89´), moi ao estilo de Casillas contra Robben en Sudáfrica. Pero nada puido facer despois cando tras saque de córner, marcou César (90´). Aínda tiveron outra desde lonxe os visitantes pero o disparo do vilalbés Juan voltouno a despexar Kiko (91´).

Sen tempo para máis, segue nunha moi boa posición ó As Pontes, terceiro con 41 puntos, a tres do Polvorín. Pero desgraciadamente faino bastante xusto, con apenas 18 xogadores. Mesmamente hoxe Rego estivo lesionado, e Pardo e Fidi viron a quinta cartulina. Con tanta competencia polas oito primeiras prazas e con tres xogadores menos, algunha incoporación nos próximos días sería benvida coma unha cesta de Entroido.

Próxima visita ó Escairón, do Saviñao, cuarto pola cola con 22 puntos, pero que esta campaña gañou a Ribadeo, Dubra e Betanzos, entre outros, ou empatou co líder Paiosaco.

3 CD As Pontes. Kiko, Criado, Martínez, Maroñas, Dani, Rober (Jandro 87´), Quique (Ramos 64´), Bossa (Troncho 85´), Iglesias, Fidi (Alex 72´), Pardo.

1 San Tirso SD. Lameiro, Caamaño, Damián, César, Manuel (Alejandro 84´), Óscar, Álvaro, Juan, Yago (Xián 45´), Ares (Queijeiro 78´), Babío.

Goles: 1-0, Pardo (45´). 2-0, Pardo (50´), 3-0, Adrián Iglesias (83´), 3-1, César (90´).

Árbitro: Jesús Piñeiro Lugo (Santiago). Auxiliado nas bandas por Castro Mouzo e Rodríguez Munín. Amarelas a Quique, Fidi, Pardo, Alex, Caamaño, César, Álvaro e Juan. Expulsou ó delegado visitante.

Campo e incidencias: O Poboado, uns 100 espectadores en tarde soleada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén