PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 3 – SD OUTEIRO DE REI 1

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 3 – SD OUTEIRO DE REI 1

Cómodo triunfo do As Pontes ante o colista

Triunfo 3-1 do As Pontes no partido disputado na tarde de hoxe no Campo do Poboado ante o colista Outeiro de Rei.

Os locais marcharon ó descanso con ventaxa no marcador de 2-0, gracias ós tantos de Rego, tras cabecear un córner (20´), e Pablo Ramos, que recolle un balón morto no lateral da área e o seu forte disparo cruzado peta na cruceta e acaba entrando (28´).

Pero puideron ser máis goles. Un centro de Fidi cabeceao Dani a rentes do pau (7´), e o propio capitán tras un pase en profundidade, centra á area e despexa a córner Alex antes de que remate a porta baleira algún xogador local (19´).

Tralos dous goles, tamén destacar un balón que non chega a rematar ben Criado en boca de gol e sae por pouco (35´), un bo disparo cruzado de Iglesias, que despexa Dieguiño (36´), e un centro moi perigoso de Pardo que por milímetros non cabecea a gol o dianteiro de Agolada (38´).

A tónica da segunda parte seguía sendo a do dominio local, e de feito o maior perigo visitante foi un mal despexe de Martínez cara á súa porta que rexeita Paco (53´).

Tras un cabezazo de Dani que despexa Dieguiño sen moitos apuros (58´), chegou o terceiro. Quique intérnase por banda dereita, quere centra a Toni que chegaba só no segundo pau, pero desvía o xusto un defensa para que o balón lle quede morto a Dani, que empala un forte zapatazo ó pau contrario e o balón acaba no fondo das mallas (62´).

Logo é Dani quen volta a cabecear a rentes do pau (75´), e nun pase en profundiade casi chega Iglesias ó balón antes que o porteiro (79´).

Concedeu moitos metros o cadro local nos últimos minutos e Pereiro realizou dous perigosos tiros cruzados, e xa na última xogada do encontro houbo un tiro ó poste, logo salvou Paco, ata que acabou marcando Muñiz de forte disparo (93´).

Sen tempo para máis, o cadro pontés é terceiro con 52 puntos, antes de visitar ó Agrupación Estudiantil, duodécimo. Resarciuse o cadro local do mal sabor de boca do empate 1-1 na ida. Segunda vitoria en partido oficial no Poboado ante o cadro lucense, tralo 2-1 da 2008-09.

3 CD As Pontes. Paco, Criado, Martínez, Rego, Maroñas (Jandro 78´), Dani, Ramos, Quique (Carba 65´), Iglesias, Fidi, Pardo (Toni 46´)

1 SD Outeiro de Rei. Dieguiño, Alex (Chufi 62´), Trigo (Roca 70´), Cholas, Muñiz, Pereiro, Aaron (Vizoso 56´), Yago, Samu, Quique, Redondo (Joni 70´).

Goles: 1-0, Rego (20´), 2-0, Ramos (28´). 3-0, Dani (62´), 3-1, Muñiz (93´).

Árbitro: Antonio Domínguez González (Vigo). Auxiliado por Simons Casasnovas e Pérez Fernández. Amarelas a Quique, Jandro, e Alex, Cholas e Yago.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 100 espectadores, en tarde que alternaba sol con momentos moi chuviosos.

Nova cortesía de Xose Ferreiro