PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 5 – RIBADEO FC 0

PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 5 – RIBADEO FC 0

Goleada do As Pontes que terá que xogar a promoción dos terceiros

O As Pontes goleou esta tarde ó cuarto clasificado Ribadeo, 5-0, nun partido que non tivo cor. Pese a que comezaban apretando os lucenses, na primeira aproximación local adiantábase o As Pontes tras un tiro dende o lateral da área de Pardo que entra xustiño polo segundo pau (5´).

Logo era Dani quen anotaba na área pequena tras un centro dende banda esquerda de Toni (14´), e nun arriscado pase atrás dos visitantes, Pardo gáñalle a carreira ó central e marca só ante Javi Prieto de tiro cruzado (27´).

A sentencia chegaba tras un pase en profundidade de Bossa cara a Dani, que empala este ó fondo das mallas (43´), pero é que tamén puido marcar Pardo, que quedou só ante Prieto que saca co corpo (17´), Dani non acerta a cabecear un centro de Martínez (21´), un centro perigoso de Criado pasease pola área visitante (30´), e Fidi non acerta a meter o pé na área pequena a centro de Pardo (33´).

Si ben é certo que tamén puido marcar o Ribadeo, pero o tiro de falta do ex racinguista Rafa Casanova foi ó longueiro (38´), e así chegouse ó descanso.

No segundo período, con todo decidido, resaltar un remate de cabeza de Rego na área pequena que marcha por riba do longueiro (50´), e un disparo cruzado de Cris que marcha a rentes do pau (57´).

Unhas mans de Pablo dentro da área conlevaron ó penalti que Bossa lle cedeu a Pardo para que o de Ortigueira fixera o seu particular hat trick e o 5-0 definitivo (71´).

Logo é Miguel quen fai un cano a Paco e cando vai marcar a porta baleira aparece Maroñas para desbatratar a ocasión (83´). O partido pechouse con unha oportunidade do xuvenil Chema, que debutou hoxe con apenas 16 anos, e o seu disparo dende fóra da área marchou fóra por pouco (88´).

Sen tempo para máis, Polvorín e Paiosaco con 78 puntos son equipos de Terceira, As Pontes asegura a terceira praza de promoción con 74 e o Ribadeo queda con 66. Vindeira xornada, sen nada que xogarse por arriba, visita ó Arzúa.

No decimosegundo enfrontamento no Poboado undécima vitoria local por un só triunfo visitante.

5 CD As Pontes. Paco, Criado, Ramos (Jandro 67´), Rego, Maroñas, Dani, Martínez, Bossa (Iglesias 77´), Toni, Fidi (Chema 81´), Pardo (Carba 74´).

0 Ribadeo FC. Javi Prieto, Pablo, Rafa, Marcos (Cube 77´), Santi, Poratti (Miguel 62´), Tichu, Isma, Cris, Aitor (Castañal 77´), Luki (Jacob 48´).

Goles: 1-0, Pardo (5´), 2-0, Dani (14´), 3-0, Pardo (27´), 4-0, Dani (43´), 5-0, Pardo, de penalti (71´).

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 200 espectadores en tarde soleada.

Árbitro: Óscar Enríquez Pereiro (Santiago). Auxiliado nas bandas por Pérez Mindeguía e García García. Amarelas a Pardo, Santi, Tichu, Criss.

Nova cortesía de Xose Ferreiro