PREFERENTE NORTE. CD CASTRO 0 – CD AS PONTES 3

PREFERENTE NORTE. CD CASTRO 0 – CD AS PONTES 3

Rotundo triunfo do As Pontes ante un dos grandes da categoría

Gran vitoria do As Pontes no Arturo Pereiro na mañá deste domingo, na que venceu contundentemente ao Castro por 0-3.

Ademais de ser compañeiro de fatigas a campaña pasada na Terceira División, o equipo lucense foi o mellor clasificado dos catro descendidos, por diante de As Pontes, Dubra e Ordes.

Así que, dada a envergadura do rival, e despois de dúas derrotas consecutivas a domicilio ante equipos recén ascendidos, e logo do empate a semana pasada ante un dos últimos clasificados, o Xallas, o encontro de hoxe non se presentaba doado para o cadro pontés.

Pero o equipo azul puxo terra de por medio pouco antes do descanso, cun golazo de Bossa dende uns 40 metros que se colou por riba do porteiro e polo escuadro (35´), e outro de Dani (41´).

No segundo período, o aresán Quique estableceu o 0-3 definitivo (62´), para un conxunto que se sitúa a catro puntos do líder Paiosaco, pero que debe pensar xa no complicado compromiso da vindeira fin de semana ante o Ordes, para seguir remando cara os postos de arriba.

Polvorín ten trece, Arzúa e Dubra doce, e o Ordes once, sendo sextos con dez os de Marco Roca, empatados con Residencia, Sofán, Dumbría e Ribadeo.

Xogaron Paco, Criado (Ramos 61´), Alex, Roberto, Dani, Chis, Quique, Bossa, Eloy (Carba 82´), Fidi (Jaime 87´), Adrián (Pardo 53´),

Nova cortesía Xose Ferreiro. Foto cortesía CD Castro