Presentación CD As Pontes

Na xornada de hoxe, coincidindo co comezo das festa do Carme, o CD As Pontes facía oficial o arranque da tempada 2018-2019, presentando de maneira pública á plantilla do seu primeiro equipo.

Os xogadores e o corpo técnico posaron para as fotografías de rigor e tiveron ocasión de intercambiar impresións co presidente Xaime Castro, así como co resto da xunta directiva, a dirección deportiva do clube, socios e afeccioados e mesmo co Concelleiro de deportes do Concello de As Pontes, Chicho Tembrás.

Acto seguido a plantilla púxose mans á obra e realizou o primeiro adestramento da tempada.

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén