Presentación de Erni

Erni González, dianteiro, 31 anos, natural de Viveiro. Sen equipo na pasada tempada, ex de Viveiro e Rácing Villalbés.
Erni súmase ás filas pontesas cun alto nivel de motivación logo de pasar unha tempada alonxado dos terreos de xogo.
Coñece ben o plantel azul, xa que visitou o campo do Poboado en varias ocasións nos últimos meses dada a súa relación de amizade con Diego Rego.
O experimentado dianteiro confía en que o seu olfato goleador siga intacto, e rebosa covencemento cando afirma estar seguro de que a súa experiencia en Preferente e Terceira División serán de axuda para acadar os obxectivos do clube.

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén