Presentación de Sergio Fernández

Sergio Fernández, dianteiro, 22 anos, natural de Cee. Procede do Betanzos.
Sergio chega a As Pontes logo de pasar un ano complicado no que sufriu varias lesións.
O xove dianteiro é consciente da esixencia que supoñen os obxectivos do clube nesta vindeira tempada, pero, ó mesmo tempo, síntese confiado nas súas posibilidades dada a súas polivalencia nas posicións de ataque, xa sexa como media punta, extremo ou dianteiro centro, posición na que se atopa máis cómodo a priori.
Pese a súa xuventude, Sergio é un xogador con experiencia en Preferente e Terceira División.

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén