Previa encontro CD As Pontes – Cerceda

O Club Deportivo As Pontes afronta este domingo a partir das 18:30 horas, no campo do Poboado a 2ª xornada de liga, que os enfrontará co Cerceda, adestrados polo ex adestrador dos nosos Xosé Luis Lemos.

Manolo García convocou para o encontro a toda a plantilla, con excepción de Borja que ainda se encontra recuperando da sua lesión de xeonllo. Antes do encontro terá que facer dous descartes.

Os nosos tratarán de sumar tres novos puntos, despois da gran victoria acadada o pasado domingo no campo do Laracha, para seguir colocados nos postos altos da clasificación.

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén