Primeiros movementos no CD As Pontes

A dirección deportiva do CD As Pontes ven de dar as primeiras pinceladas á primeira plantilla de cara á tempada 2018/2019.
Renovan co equipo azul ás ordes de Marco Roca unha tempada máis o noso capitán Dani Fernández, o gardameta Paco Fernández, os defensas Diego Rego, Sergio Criado e Álex Cabarcos, e os centrocampistas Quique Fernández e Toni Rodríguez.
Ademáis, incorpóranse ó primeiro equipo os xuveniles Josiño Pico e Álex Casal “Peque”, que veñen de facer un gran papel nun equipo que ascendeu á Liga galega e que gañou a Copa de Ferrol.

 

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén