RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 9-10 FEBREIRO

 

 

RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 9-10 FEBREIRO

Vitoria do Feminino, Alevín A, e ambos Benxamíns e Prebenxamíns.

PREFERENTE
XALLAS FC-CD AS PONTES (2-1)

O As Pontes perdeu na súa visita a Santa Comba por 2-1. Como comenta o compañeiro David Castro, o equipo pontés tivo o dominio do xogo todo o encontro pero sen apenas crear ocasións e o conxunto local aproveitou dous erros defensivos para marchar ó descanso con 2-0, froito tamén dun penalti enviado por Bossa ó longueiro. O mesmo guión viviuse no segundo tempo onde Iglesias acabou por recurtar distancias pero co tempo xa cumprido.

No encontro da xornada o Polvorín venceu 2-0 ó Paiosaco, e ambos, con 50 e 51 puntos respectivamente teñen pe e medio no ascenso. Pola terceira praza honorífica pelexarán As Pontes 44, Arteixo, e Ribadeo (cun encontro menos), 42, Castro 41, e Arzúa 39. O equipo local, que chegou a estar colista mediada a primeira volta, xa é oitavo con 35.

Xogaron Kiko, Alex, Martínez, Rego (Criado 80´), Dani, Roberto (Pardo 53´), Maroñas, Bossa (Troncho 80´), Iglesias, Fidi, Quique.

Tamén, capítulo negativo, nun equipo tan curto de efectivos, é a quinta amarela de Rego, que non poderá xogar contra o perigoso Castro.

FEMININO
CD AS PONTES-EFB AMISTADE DE MEIRÁS (1-0)

Vitoria do equipo feminino cun solitario tanto de Paula Baamonde mediado o primeiro tempo. Terceiras con 38 puntos, descansan na vindeira xornada, porque lles correspondería visitar ó Santa Mariña, equipo retirado antes do comezo da competición.

Xogaron Leti, Yoli, Carolina Paz, Tania, Noelia, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde, Yara, Uxía.

XUVENIL
CD AS PONTES-MEIRÁS CF (0-0)

A pesar das ocasións, non puido o Xuvenil contra o Meirás que sacou un punto do Poboado. Golpe de man do Eume, que lle sobraron os goles na súa vitoria 3-0 ante o Portuarios, xa no descanso, e ten medio título rematada a primeira volta.

Eume 30, As Pontes 25, Portuarios 22, Narón 21. No comezo da segunda volta recíbese ó Numancia. Xogaron Meidán, Fraga, David, Pablo, Breijo, Vilela, Carlos, Chema, Cristian, Josiño, Pita e no segundo tempo entraron Dani e Alex Barro

CADETE
EUME DEPORTIVO-CD AS PONTES (8-0)

Goleada do Cadete 8-0 na visita ó líder Eume. Sétimos con 11 puntos, visitan ó Portuarios, décimo con 9. Xogaron Juan, Eyob, Xavi, Alejandro, Antonio, Nono, Joan, Xan, Vicente, Jandro, Santi, e despois Adrián, Daniel, Xoel, Edgar e Mohamed.

INFANTIL
SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES (2-2)

Empate do Infantil 2-2 na súa visita ó Portuarios, si ben, a pesar dos dous tantos de Jandro López no primeiro período, voltáronlle a empatar co tempo cumprido. Quintos con 20 puntos visitan ó Eume, sexto con 18, no comezo da segunda volta.

Xogaron Mario, Eloy, Xose, Íker, Samuel, Mario, Xoel, Jandro, Diego, Hugo, Juan, Iago, Ángel, Anxo, Sergio e Francisco.

ALEVÍN
SD O VAL-CD AS PONTES A (5-6)
CD AS PONTES B-UD CEBARCA (1-5)

Vitoria do Alevín A que é cuarto con 13 puntos antes de visitar ó Numancia, quinto con 12. Dobletes de Israel Varela, Anxo Blanco e Alexo Platas. Derrota do Alevín B 1-5, gol de Andrea Cruz, antes de recibir ó Perlío B, cuarto.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-SRD NUMANCIA DE ARES (5-1)
CD NARÓN C-CD AS PONTES B (2-3)

O Benxamín A gañou 5-1, Diego Ortigosa, Xavi Regueiro, Nicolás Meizoso, Alexander Venancio, Almahdi Belhaj. É segundo con 18 puntos antes de visitar ó Mugardos, sétimo. O Benxamín B gañou 2-3 na súa visita a Narón, remontando un 2-0, con dous tantos de Naúl Suárez e un en propia meta, e cuartos con 13 puntos reciben ó segundo Narón O Freixo B.

PREBENXAMÍN

CD AS PONTES A-SRD NUMANCIA DE ARES CF (4-0)
RÁPIDO DE NEDA-CD AS PONTES A (0-1)
CD AS PONTES B-CULTURAL MANIÑOS SD (7-1)

O martes o Prebenxamín A gañaba 4-0 ó Numancia de Ares, con doblete de Íker Díaz e Xoel Galego, e xa o sábado venceron 0-1 ó Neda, gol de Xoel. Son cuartos con 12 puntos, antes de recibir ó Ánimas, sétimo. O Prebenxamín B pola súa banda gañou 7-1 ó colista Cultural Maniños, con cinco goles de Brais Gómez, e un de Daniel Peña e Izan Carro, e xa suma dúas vitorias antes de visitar ó Cedeira B, segundo.

Nova cortesía de Xose Ferreiro