SEMIFINAIS COPA DE FERROL FEMININA. CD AS PONTES 2 – EF RACING DE FERROL 1

SEMIFINAIS COPA DE FERROL FEMININA. CD AS PONTES 2 – EF RACING DE FERROL 1

Vitoria do equipo feminino que sen embargo non lle serviu para remontar o resultado da ida.

Vitoria do equipo feminino na mañá deste domingo nos Campos do Poboado 2-1 ante o Racing de Ferrol, que non lle serviu para remontar o 2-0, co último tanto no tempo de desconto, que traían da cidade departamental.

As de Julio Montero foron a polo gol dende o inicio, e antes do descanso anotaba Paula Baamonde de forte disparo. Anteriormente, nun saque de Leti, no que o balón foi de portería a portería, sen deixala caer empalou a propia Paula en boca de gol e a porteira fixo un paradón.

Mediado o segundo tempo, a xogadora da eliminatoria, Noelia Leiras, pois marcou os tres goles do seu equipo, empataba e o As Pontes tiña que marcar tres tantos.

Poñía algo de esperanzas Paula Castro co 2-1 pero sen tempo para máis ó equipo feminino quédalle o regusto amargo de quedar a un palmo da final, perdendo contra un gran equipo que ademáis aguantou os 60 minutos sen cambios, pero despois de haber eliminado ao campión e subcampión de Liga.

Xogaron Leti, Yoli, Nuria, Indira, Noelia, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde e Carolina Paz. O equipo verde xogará a final contra o Amistade de Meirás, que o venres empatou 0-0 en Valdoviño ante o San Sadurniño, pero que traía un cómodo 0-4 da ida.

Nova cortesía de Xose Ferreiro