TRES FUTBOLISTAS PONTESAS CONVOCADAS POLA SELECCIÓN DE FERROL

futbol

TRES FUTBOLISTAS PONTESAS CONVOCADAS POLA SELECCIÓN DE FERROL

As futbolistas pontesas, Carlota Pena, Raquel Béjar e Malena Mieres veñen de ser convocadas polo seleccionador ferrolán, para a disputa do primeiro trofeo Concepción Arenal feminino, que enfrontará o vindeiro mércores 26 de Agosto, no campo de A Gándara, ás 19 horas, á selección de Ferrol contra o equipo coruñés do Orzán, de Segunda División.

Na lista de 18 tamén está a central Noelia Castro, que fora xogadora do equipo feminino tres temporadas (2010-13).

A media punta Carlota xa leva sete campañas no CD As Pontes. Raquel, de 17 anos, xogou a pasada campaña no Friol, da Segunda División, e esta temporada fichou polo Orzán coruñés, da mesma categoría. A porteira, Malena, de 15, ficha polo Friol lucense da Segunda División para esta nova temporada que comezará o 6 de Setembro.

As 18 convocadas son:

SD O Val: Noelia Castro, Noemí García, Natalia Prieto, Laura Couce
SD Orzán: Raquel Béjar, María Ameneiros, Belén Yáñez
P.M. Friol: Malena Mieres, Alba Pérez, María Corral
CD San Sadurniño: Patricia Blanco, Melissa Ghislaine, Yaiza González
Racing de Ferrol: Carmela Barro, Carolina Senra
SRD Portuarios: Antía Delgado
Cultural Maniños SD: Rebeca Veiga
CD As Pontes: Carlota Pena

Nova cortesía de Xose Ferreiro

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén