TRES PONTESES NA SEGUNDA FASE DO TORNEO DE SELECCIÓNS COMARCAIS

TRES PONTESES NA SEGUNDA FASE DO TORNEO DE SELECCIÓNS COMARCAIS

Anxo Blanco, Patricia Adega e Andrea Cruz xogarán en Moraña 

Este sábado 27, no Campo do Buelo, en Moraña, terá lugar a segunda fase dos Campionatos Galegos de Seleccións Comarcais, nos que están convocados Anxo Blanco, Patricia Adega e Andrea Cruz, do CD As Pontes. Non acude Xandre Fernández, lesionado.

As Seleccións de Ferrol Alevín terán dous compromisos na localidade pontevedresa. Os rapaces xogarán contra Ourense (12:45) e Pontevedra (18:15), mentres que as cativas xogarán contra Vigo (11:15) e Ourense (16:45).

Os convocados son:
EF Racing de Ferrol: Adrián Bouzas, Lucas Martínez, Lucas Castro
SCDR Galicia de Caranza: Íker Castro, Diego Miranda, Brais Varela
SD O Val: Héctor Rico, Iago Estévez
SCDR Narón O Freixo: Bruno Gondar, Sergio Prados
Eume Deportivo: Iago Rojo
SDR Numancia de Ares: David Vilasánchez
SD Cedeira: Javier Pita
CD As Pontes: Anxo Blanco

Galicia Mugardos: Clara Pérez, Sabela Romero
CCRD Perlío: Uxía López, Aitana Vellón
SCDR Galicia de Caranza: Sara Cerdido, Iria Pita
SCDR Narón O Freixo: Olivia Saavedra, María Díaz
CD As Pontes: Patricia Adega, Andrea Cruz
SD O Val: Celia Méndez
Meirás CF: Alba Cruz
SD Cedeira: Nuria Garrote
CD Cariño: Claudia Pardo

Nova cortesía de Xose Ferreiro

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén