X Torneo Cidade de Lugo

O pasado fin de semana, os nosos equipos xuvenil, cadete e infantil, participaron no X Torneo de Fútbol Cidade de Lugo.

O venres foi o turno para os xuvenis que xogaron a final do torneo, tras eliminar en semifinales ó gran favorito o Lugo, fronte o Ural de A Coruña, caendo derrotados por 3-0, despois de facer un enorme esforzo, tras xogar durante a tarde 5 encontros ó ter que xogar a fase de respesca. (Reportaxe fotográfico)

O sabado foi o día para os cadetes que caian en cuartos de final, tras facer un gran torneo, fronte o Residencia de Lugo, por 2-0.

O domingo os infantiles, non puideron pasar da fase de grupos. Foi un día moi complicado para os mais novos, xa que a parte de competir contra os equipos rivales, tiveron que lidiar tamen cas altas temperaturas que se rexistraron en Lugo.

 

 

próximo Publicación

Atrás Publicación

© 2018 Club Deportivo As Pontes

Tema de Anders Norén